venres, 24 de maio de 2024

PDI: OS ANIMAIS.

Imaxe de Gabriela Piwowarska en Pixabay.com
Como xa sabedes, este ano, o noso proxecto de centro, xira en torno aos animais. Na clase de primeiro, aínda que estivemos centrados no comezo da lectoescritura, tamén fixemos un oquiño para interesarnos polo tema.

mércores, 22 de maio de 2024

XOGAMOS? (VI).

Imaxe de Szvenya en Pixabay.com
Hoxe, que temos tempo, podemos xogar coas horas. Que vos parece?

venres, 17 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024.

Imaxe de Orgullo Galego
No 17 de maio de 2024 quero desexarvos a todo@s un
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

martes, 14 de maio de 2024

RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS (2024)(II).

Obtido na páxina da Deputación de Pontevedra
Que vos parece unha segunda parte de recursos de Luísa Villalta? Sempre aproveita ver os marabillosos traballos que nos ofrecen os compañeiros/as para que poidamos levar as nosas aulas. Graciñas a todos e todas.

luns, 13 de maio de 2024

BECHOS VIVOS.

Imaxe de Krzysztof Niewoly en Pixabay.com
Alá pasado mediados de abril, realizamos unha actividade chamada "Toca, toca". Miguel Santamaría, un entomólogo entusiasta dos invertebrados, veu a contarnos unha morea de cousas sobre estes seres vivos. Pero non só iso. Con el traía toda sorte de bechos que nos ensinou e nos deixou tocar. Foi unha experiencia única, que gozamos moito. Podedes comprobalo nas fotos que vos mostro.

mércores, 8 de maio de 2024

RECURSOS DAS LETRAS GALEGAS (2024)(I).

Imaxe obtida do cartel do CCRD Perlío (Fene)
Para ir abrindo boca coa conmemoración das Letras Galegas, unha  compilación de recursos nunca vén de máis.

domingo, 5 de maio de 2024

MAMÁ. (2024).

Imaxe de MJ Jin en Pixabay.com
"Mi nai, miña naiciña, 
como mi nai ningunha
que me quentou a cariña 
co caloriño da súa".

mércores, 1 de maio de 2024

EN MAIO...

Imaxe de Mohammad Usman en Piaxabay.com
Chegou o mes de maio cargado de flores e letras. Así nolo describía  Manuel Curros Enríquez:
Ahí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros. 
Se queredes ler o poema completo premede aquí.