luns, 5 de febreiro de 2024

CELEBRANDO A PAZ (2024).

Imaxe de Clker-Free-Vector-Images en Pixabay.com
O martes pasado celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz por todo o alto. Tivemos varias sesións de Curtas pola Paz en "A maxia dos venres" da biblio e tamén alí fixemos unhas chapas moi molonas, para nós e as nosas familias.
O día en cuestión, no medio do recreo, desprazámonos todos/as ao Campo de fútbol (que nos cedeu o Concello) e realizamos, por quendas, carreiras entre nenos/as, familias e profes. Foi ben divertido!
Para poder participar había que entregar un quilo de comida non perecedoira para doar aos Servizos sociais do Concello de Forcarei.
Despois de tanto deporte, aínda tivemos folgos para interpretarlles ás familias a canción de Hombres G e El canto del loco "¿Por qué no ser amigos?".É unha versión da mestra María Díaz.
Obtido na canle de Youtube de MÚSiCA MAESTRA MARÍA DÍAZ
Con tanto desgaste tivemos que repoñer forzas con rosca e chocolate; toda unha tradición nas carreiras do cole!
Montaxes realizadas con Canva

4 comentarios: