Imaxe obtida en mUVers Uvigo
Que importantes son os bicos nas nosas vidas! E non falo só dun tipo de bicos porque todos precisamos moreas de beixos de todas as clases. Mentras pensades cales vos gustan máis , botádelle un ollo a esta reportaxe de OK diario, sobre os beneficios de bicar aos fillos/as.
Se queredes gañar un puntiño escribide nos comentarios cales son os vosos bicos preferidos. Agardo respostas!
Déixovos as entradas de anos anteriores aquí.
Para rematar, a canción "Bicos de Música" de Mamá Cabra. Que vos guste!
Os bicos que mais me gustan son os da miña familia e os dos meus amigos.
ResponderEliminarParécenme uns bicos fantáticos!!!
EliminarTes un punto pero vou ter que averiguar que es, Anónimo.
Un saúdo.
Ola profe. Son María.
ResponderEliminarA min os bicos que máis me gustan son os de mamá, papá ,toda a miña familia, os dos meus amigos e os teus profe.
Xenial, María!!!
EliminarXa vexo que tes un amplo abano onde escoller.
Os bicos dos meus nenos e nenas tamén me gustan moito.
Un punto e un saudiño.
Ola profe.
ResponderEliminarOs besos que máis me gustan non os pode saber nadie.
Os bicos segredos son fantásticos!!!
EliminarTi tamén tes un punto.
Un saudiño.
Ola profe son Pablo e a min os bicos que máis me gustan son os dos meus pais e avós.Un bico!😘😚😁🇲🇰🇲🇱🇲🇲🇲🇳🇲🇴🇲🇵🇲🇶🇲🇷🇲🇸🇳🇺🇳🇷🇺🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦🇪🇦
ResponderEliminarOla, Pablo!
EliminarEses bicos son marabillosos!! Tes un punto.
Un saúdo.