Imaxe de Martina Janochová en Pixabay.com
Non deixemos pasar máis tempo!!! Hoxe falamos do Entroido e do que nos deparou o desfile que fixemos polas rúas de Forcarei.
Levabamos toda a semana esperando o 25 e mirando cara o ceo para ver se aguantaba sen chover. Os nosos desexos víronse cumpridos aquela mañá de venres e, cheos de emoción, encaramos as primeiras horas do día. Despois de facer un pouquiño de Ciencias da Natureza, apareceu o profe Javi cunha bandexa de rosca e unha xerra ata arriba de chocolate. Demos boa conta dela, xa que había que prepararse para o percorrido que nos esperaba.
Só tivemos que vestirnos cos detalles e xa estaba todo preparado!!! Xuntámonos no patio e puidemos ver o guapo que estaba o alumnado. O profesorado tamén. Así foi como empezamos o noso percorrido.
Música, troula e gañas de pasalo ben. Con eses ingredientes camiñamos por Forcarei arroupados polos veciños/as que tiveron a ben aplaudirnos ao pasar. Grazas por un día diferente!!
Montaxes realizadas con PiZap
Foi unha xornada inesquecible!!!
Seguro que los niños disfrutaron, genial.
ResponderEliminarUn besico
No estuvo nada mal, Blanca.
EliminarUn beso.
Ya lo creo, cuando los chavales participan activamente las fiestas cogen un color especial, verdad? Inolvidable, como bien dices, seguro. Besitos.
ResponderEliminarSíiiii, fue estupendo!
EliminarUn beso, Blanca.