Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
A finais de xaneiro celebramos a semana da Paz, culminando a semana cunha actividade diferente no noso centro. Queredes saber como foi? Atentos/as!
Durante a semana, gozamos na biblioteca dun obradoiro de paraugas con superpoderes para cambiar o mundo e facelo mellor. Que de onde saiu a idea? Pois dos equipos de Biblioteca e DLG, que nos propuxeron traballar o conto "O ladrón de paraugas", escrito por Xosé Lueiro e ilustrado por Sara Valcárcel. Limos este fermoso conto na clase, falamos sobre el e decidimos inventar o noso propio paraugas. Cando o tivemos claro, acudimos por quendas á biblio, e alí, puidemos deixar saír a nosa creatividade, debuxando creacións propias. Ollade o que saiu das nosas cabeciñas.
Montaxes realizadas con PiZap.com
Noutra entrada, falamos da celebración no propio día.
Qué actividad tan estupenda, me ha encantado. Un besito con paraguas.
ResponderEliminarMuchas gracias, Blanca.
EliminarBesitos. Buen finde.
Que fermosa iniciativa Anabel. Gzas en nome de Sara e no meu propio. Dilles aos cativos e cativas que nos achegaremos ao Centro a darlles as grazas en persoa.
ResponderEliminarGrazas a vós por tan bonito conto, que nos permite soñar no noso día a día nas aulas.Estariamos encantados/as de recibirvos no cole. Esperámosvos!!
EliminarUn saudiño.