domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2022.

Imaxe obtida na páxina de Facebook de Asociación Caminar

Hoxe é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. No cole, xa o celebramos durante a semana pasada pero como hoxe é o día propio, pois celebración outra vez.
Que dicirvos que non vos teña dito xa sobre este tema. Quizais que o primeiro que necesitamos para ter paz é ter calma dentro de nós; que se temos paz e autocoñecemento propio faremos o posible por evitar o confrontamento e, que se nos rodeamos de persoas pacíficas e dialogantes en ambientes sosegados, non chegaremos ás guerras.
Déixovos unha preciosa canción do profe Diego Rincón, na voz de Alba Costas, "O latexo da Paz". Reflicte a mensaxe que vos quero transmitir. Seguro que vos gusta!!!
Obtido no canal de Youtube de diego Rincón
E hoxe tamén vos comparto un tema que coñecedes moi ben "Terra" das nosas Tanxugueiras. Lembrade que non queremos polémicas, so gozar e sentir orgullo do noso. 
Grazas, fillas bravas de Galicia!!! Existirá a paz cando non haxa fronteiras!!!
Obtido no canal de Youtube de Tanxugueiras
FELIZ DÍA!!!

2 comentarios: