Imaxe de Kevin Sanderson en Pixabay.com
O día anterior , visitáranos a fada Perella para traernos unhas gominolas terroríficas e así poder telas en corentena, antes de levalas para a casa.
Todo o mundo trouxo os seus mellores e máis arrepiantes farrapos. Non o credes? Ollade atentamente!!!
Montaxes realizadas con Pizap
Antes de saír ao recreo degustamos unhas saborosas castañas asadas e tomamos un batido de rico chocolate. Todo grazas ao noso comedor escolar. E unha vez fartiños/as... Saímos a xogar!!!!
Pero iso é outra historia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario