sábado, 27 de marzo de 2021

O TEATRO DA VIDA.

Imaxe de macrovector en Freepick.es
Dende o ano 1961 celébrase o Día Mundial do Teatro para dar a coñecer a súa representatividade cultural a nivel mundial. O teatro é unha das artes escénicas máis competas e máxicas, onde a emoción está a flor de pel cada vez que sube o telón. Iso é, para min, o fundamento desta arte; o que fai sentir son emocións. Imaxinade agora, que un marabilloso teatro ten unha segunda vida reconvetido nunha magnífica librería. Este é o caso  do Ateneo Grand Splendid de Bos Aires. Ollade que preciosidade!!!!
Obtido no canal de Youtube de Infobae
As entradas de anos anteriores están aquí.
Imaxe de LOQUELEO Santillana
Pero hoxe tamén coincide coa conmemoración  a Hora do Planeta, que se celebra o último sábado do mes de marzo. Un apagón eléctrico, voluntario e global de 20:30h a 21:30h para frear o cambio climático. Informádevos na páxina Díainternacionalde.com.
Na páxina de Con peques en Zaragoza anímannos a sumarnos.
APAGAMOS AS LUCES?

2 comentarios: