sábado, 29 de febreiro de 2020

DÍA EXTRA.

Imaxe Felipe Muhr
Fixádevos que curioso que este ano é bisiesto porque febreiro ten 29 días. A que  se debe este feito? Neste vídeo dánnos unha explicación.
Obtido no canal de Youtube de CuriosaMente
Nesta data, que so vivimos cada catro anos, celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras. Sempre coincide co último día de febreiro e nesta ocasión é o 29. Escolleuse  así porque ten unha peculiaridade e dependendo do ano coincide de diferente maneira. As enfermidades raras tamén son peculiares, xa que afectan a un número pequeno de persoas con respecto á poboación xeral pero, aínda así, existen milleiros delas e afectan a un 8% da poboación mundial. E se che tocara a ti, a túa familia ou a un amigo/a? O problema das enfermidades en xeral é que nos pode tocar a calquera e debemos sensibilizarnos con todas porque fan sufrir a alguén. 
VISIBILIDADE+ACEPTACIÓN+INVESTIGACIÓN= UN MUNDO MELLOR
Podedes obter máis información na páxina de Díainternacionalde.com.

Mirade que vídeo tan bonito atopei na rede. Xa é de fai uns anos pero o que importa é a mensaxe. A ver que vos parece!
Obtido no canal de Youtube de rarediseaseday
FELIZ DÍA!!!

4 comentarios:

  1. Un día raro para las enfermedades raras. Feliz bisiesto.

    ResponderEliminar
  2. Muy buena la explicación de este año. Hay que prevenir las enfermedades con una buena alimentación y deporte.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues sí , Mirian, y aún así, a veces, no se pueden evitar.
      Saludos.

      Eliminar