luns, 30 de setembro de 2019

SEGUIMOS DUPLICANDO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Coa chegada do fin de setembro aparecen no calendario dúas datas reivindicativas que celebrar: o Día Internacional das Persoas Xordas e o Día Internacional do Trastorno Específico da Linguaxe.
Imaxe atopada na rede
Na última semana de setembro centramos a mirada nas persoas que teñen dificultades para oír e, no derradeiro domingo do mes, acae o Día das Persoas Xordas. Para ter máis información , preme sobre a imaxe superior ao texto.
Queredes coñecer a historia de Tamara? Prestade atención e esta preciosa curta de House Boat Animation Studio.
Obtido no canal de Dis kapazidad
Imaxe obtida en atelar.org
O día 30 fixámonos no Trastorno Específico da Linguaxe, que é unha patoloxía da linguaxe que tradicionalmente se considerou evolutiva (Aguado, G., 2002). A ASHA (American Speech-Language-Hearing Association) defíneo como unha anormal adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe oral ou escrita.
Obteredes máis datos se consultades as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

venres, 27 de setembro de 2019

MÓVETE!!!

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar. Un día dedicado a divertirse, a estar xuntos, a promover a actividade física e a saúde para todos/as. Para evitar a obesidade  impúlsase a actividade física que evita o sedentarismo.
Estivo con nós para celebralo a nosa querida Priscila, que xa case é parte do cole porque sempre nos acompaña nas festas. E démolo todo bailando zumba despois do recreo. Gustaríame poñervos algunha foto pero como me dediquei a bailar.... non teño ningunha.
Imaxe atopada en Pixabay.com
Por outra banda, este 27 de setembro estaba convocada unha folga mundial do clima. De carácter marcadamente estudiantil, preténdese concienciar aos líderes políticos de que tomen medidas urxentes para acabar coa crise climática.
O meu granciño de area para contribuir  a este evento é compartirvos un listado de libros para fomentar a conciencia medioambiental. Cada un debe aportar dende o seu campo. Atopeina na páxina de Club Peques Lectores.
FELIZ DÍA!!

mércores, 25 de setembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE.

Montaxe creada con PiZap
Este ano xurde pronto a nosa sección do "Caixón Desastre" porque como o luns comezou o outono e, ven con algo relacionado..... Tiña que aparecer!
Xa cambiamos de estación e na clase falamos sobre as características desta nova época na que estamos. Para  que repasedes algunha delas, aquí está esta canción do CantaJuego sobre o tema que nos ocupa.
Obtido no canal de Youtube Cantajuego VEVO
Tamén atopei esta bonita poesía de  Mª Rosa Negrín. Sodes capaces de lela? Se vos custa un pouquiño podedes pedir axuda.
FELIZ OUTONO!!

sábado, 21 de setembro de 2019

DOUS POR UN.

Imaxe obtida na rede
Hoxe temos a sorte de celebrar dous días nun ;como as ofertas do súper! Por unha banda,  o Día Internacional da Paz. Como xa sabedes, nós dedicámoslle máis atención en xaneiro (porque temos  unha data escolar) pero non está de máis falar dunha das cousas máis importantes que precisamos os seres humanos para convivir. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 21 de setembro para dedicalo ao fortalecemento dos ideais de paz entre os pobos.  A campaña deste ano céntrase na importancia de combater o cámbio climático para  promover e protexer a paz no mundo.
Para saber algo máis, premede na imaxe.
A outra conmemoración que nos acompaña é o Día Mundial do Alzheimer, instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado polo Alzheimer´s Disease International (ADI) en 1994. O lema elexido este ano pola CEAFA é #Evolución, que implica os cambios que se producen na enfermidade e os que deben realizarse enfocándose aos coidados. Se clicades sobre o cartel, teredes máis información.
Cartel da CEAFA
Quero déixarvos este conto, "La abuelita necesita besitos"(que o temos na nosa biblio),para que entendades un pouquiño mellor que pasa con esta enfermidade.
Obtido no canal de Youtube de Marilo Garces
Pasádevos a ver as entradas de anos anteriores premendo aquí.
FELIZ DÍA!!!

mércores, 18 de setembro de 2019

PRIMEIRO DÍA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Con cariñas de sorpresa e incertidume entraron os meus novos "perellos" de 1º na súa aula. Xa na fila , díxenlles de ir cara o pasillo de Infantil pero eles tiñan claro que tocaba cambiar de lado. Como lles comentei que non sabía se habería unha aula para eles , fomos na súa procura cun pouco de "mosqueo". Vimos o letreiro, entramos dentro e... estaba baleira!!!
-Pois para nós!- sentenciei.  E así foi como chegamos este ano á clase. De todos os xeitos, despois atopamos unhas pistas colgadas na cortiza para averiguar os nosos sitios. Foi divertido!
Deste xeito comezamos o curso. Como rematará? Seguide as nosas andainas para saber máis!

domingo, 15 de setembro de 2019

DÍA DO PUNTO 2019.

Imaxe atopada na rede
Xa estamos outra vez a 15 de setembro e, polo tanto, temos que celebrar o Día Internacional do Punto. Inspirado na obra de Peter H. Reynolds do mesmo nome, esta data pretende ser unha alternativa artística á estresante volta ao cole. 
Se queredes saber máis sobre este día , premede na imaxe inferior.
Déixovos tamén as entradas de anos anteriores, aquí.
Nós estámolo preparando e esperamos mostrarvos os resultados moi pronto.
Mentres tanto, gozade da historia ide pensando nos vosos puntos!!
Atopado no canal de Youtube de Marta
FELIZ DÍA!!!

venres, 13 de setembro de 2019

ROALD DAHL 2019.

Imaxe atopada na rede
O 13 de setembro foi a data do seu nacemento, alá polo ano 1916, e hoxe en día escolleuse para celebralo como un dos autores máis coñecido no mundo. O Día de Roald Dahl, coincide co Día Internacional do Chocolate a nivel mundial (excepto Francia) e, algo ten que ver co seu libro "Charlie e a fábrica de chocolate".
Velaquí unha biografía curtiña sobre este autor.
Obtido no canal de Youtube TCM España
En todo o planeta se celebra a este creador. Queredes ver como? Clicade na imaxe inferior.
Déixovos unha selección dos seus libros para o público infantil da páxina LOQUELEO de Santillana.
Se queredes consultar as entradas de anos anteriores, premede aquí.
FELIZ DÍA!!!

mércores, 11 de setembro de 2019

COMEZA O BO!!

Montaxe realizada con Pizap.
Estamos de volta e temos moitas gañas!!! De falar, de xogar, de ir ao recreo, de estar cos compis....
Tranquilos/as, hai tempo para todo!
Xa sabedes  que primeiro é un curso moi especial pero... Sabedes por qué? Porque cada novo ano académico está cheo de oportunidades marabillosas de aprender, ven cargadiño de experiencias novidosas para gozar e sempre será o especial que nós o queiramos facer. Polo tanto , está nas nosas mans!!!
Como profe gustaríame inspirarme nestas verbas. Teño moito traballo por diante!
 
Imaxe atopada na rede.
 Atopei estos deberes que  poden  axudar aos papis e mamis, aínda que cada un xa sabe o que ten que facer!
Imaxe atopada en guiainfantil.com
Para que voltedes con gañas, a música é unha boa idea.
Obtido no canal de Youtube CantaJuegoVEVO
E para que todos comecemos cun sorriso, un pouco de humor con Gaturro.
FELIZ COMEZO DE CURSO!!!

domingo, 8 de setembro de 2019

PRIMEIRA CONMEMORACIÓN.

Imaxe atopada en boboliland
Alfabetizar: ensinar a unha persoa a ler e a escribir. Esta é a definición que aparece no dicionario sobre  a data que nos ocupa hoxe, 8 de setembro. É o Día Internacional da Alfabetización, aquilo ao que nos dedicaremos neste curso de 1º. Temos a sorte de vivir nun lugar onde imos á escola desde pequenos e aprendemos a medida que imos medrando. Pero existen en todo  mundo millóns de persoas que non teñen esa sorte. Por iso debemos sentirnos afortunados e aproveitar as oportunidades que nos brinda a nosa sociedade. Mentres tanto organizacións , como a ONU, traballan para erradicar no planeta o analfabetismo (o contrario da alfabatización).
Na páxina da ONU (Organización das Nacións Unidas) tedes información sobre o tema.
Para celebrar este día, cantemos co oso Traposo a canción do Abecedario.

 Vídeo obtido no canal de Youtube  Traposo TV
FELIZ DÍA!!

venres, 6 de setembro de 2019

PRINCIPIANDO O CURSO.

Imaxe obtida en Pixabay.com.
Xa estamos preto de comezar cos nenos/as nas aulas e seguro que todos/as tedes claro como ides empezar. Por se precisades unha idea para encher un oco, déixovos unha compilación de suxestións.

-10 ideas para facer cos alumnos/as no comezo de curso do blogue Ayuda para maestros.
- Os compañeiros de Orientación Andújar fálannos do inicio a todos os niveis.
-Unhas dinámicas de inicio de curso do blogue Una pizca de educación.
-Tamén vos deixo unhas probas de Avaliación Incicial do Colexio Doctor Caravaca de Córdoba.

luns, 2 de setembro de 2019

ESTAMOS DE VOLTA!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Todo o bo remata ou non hai mal que cen anos dure! 
Cada un que se aplique o que mellor lle acaia e que se prepare para voltar. Os lapises ben afiados,os ollos moi abertos, os oídos preparados e a cabeciña disposta para aprender e para soñar.
CON ESTAS EXPECTATIVAS, ARRANCAMOS XA!!!