Foto de danza Maasai obtida en Pixabay.com
Hoxe, 29 de abril, é o Día Internacional da Danza. Como xa sabedes,existen entradas de anos anteriores que podedes consultar, e eu dedicareime a darvos novas informacións. Como por exemplo, que este ano a encargada de escribir o manifesto para este día foi a bailarina, coreógrafa e docente exipcia, Karima Mansour. Resumiría a súa mensaxe en "A danza é sanadora. A danza é onde a humanidade pode atoparse." Se queredes ler a mensaxe enteira premede aquí.
Tamén é propio de min, neste día, falar do meu curmán Pablo que, xunto cos seus compis da escola Media Punta, recorren escenarios e concursos mostrando a súa arte. Pero fora dos premios que conseguen(que son moitos)o máis importante é loitar polos soños e gozar do que apaixona. Quedádevos con iso porque é importante para as vosas vidas: sen esforzo non se consegue nada e a felicidade persoal está ligada a dedicarse ao que a un lle gusta.
Queda aquí testemuña do traballo destes mozos/as que representan "Terra de meigas" na III Gala do Turismo das Rías Baixas.
Obtido no canal de Youtbe MEDIA PUNTA
Se clicades no enlace poderedes disfrutar doutras fantásticas coreografías no su canal e non esquezas o de anos anteriores, aquí.
Imaxe obtida en Pixabay.com
Adiantándonos a mañá, 30 de abril, xa comezamos hoxe a festexar o Día Internacional do Jazz. Se queredes saber o por que da súa cebración, clicade na imaxe.
E que mellor maneira de facerlle homenaxe a este xénero musical tan vital , como escoitar unha boa peza. Nesta caso trátase de "A shot in the dark" do xenial Henry Mancini. Que vos guste!!!
FELIZ DÍA!!!
Completísima tu entrada.Tendré que agregar esta celebración en mi calendario de marzo.
ResponderEliminarQue tengas una linda semana.
Besitos.
Muchas gracias, Sandra; por todo.
EliminarFeliz martes.
Besos.
La alegría de la danza es contagiosa, no se puede parar cuando ves a alguien bailar. Gracias por esta gran entrada. Un feliz día, guapa.
ResponderEliminarMuchas gracias a ti, Blanca, Por pasarte y comentar.
EliminarFeliz festivo.
Besitos.