luns, 31 de decembro de 2018

QUE PIDO?

Imaxe obtida en Pixabay.com
Seguramente a estas alturas xa esté escrita a carta aos Reis; incluso estará enviada. Pero unha reflexión sobre o tema non pode vir mal.
Quero compartirvos este anuncio de coches, que sen dúbida é moi interesante.O importante é a mensaxe, non o que pretende vender.
Obtido no canal de Youtube de Audi Spain
Na páxina de LOQUELEO de Santillana mencionan a  regra do catro agasallo.
E por último, no blogue de Natalia Longo,Orientación Condesa , temos unha interesante entrada sobre a elección de xoguetes para que non sexan  sexistas nen violentos.
Aínda estás a tempo de arranxalo cos Reis. Se non podes escribirlles, fala coas teus pais e mandádelle unha mensaxe mental. Seguro que chega!!!

domingo, 30 de decembro de 2018

CHRISTMAS TIME(III).

Imaxe atopada en Pixabay.com
O día 19 recibimos unha visita  que xa é tradicional no noso cole; a de Papá Noel. Estabamos un pouco nerviosos e con moitas gañas de velo.Cando apareceu foi xenial e trouxonos un detalliño doce.
E o día 20 rematamos co noso festival de Nadal. Foron días intensos de ensaios e  preparación (vestiario, decoración...), de traballo  duro e diversión tamén. O resultado? Este que podedes ver clicando na imaxe.
Grazas á teacher pola edición do vídeo.
Neste día tamén levamos  os traballos do trimestre e houbo tamén, agasallos sorpresa.
Montaxes realizada con PiZap
GRAZAS A TODOS/AS POLA VOXA AXUDA  E DETALLES!!

sábado, 29 de decembro de 2018

CHRISTMAS TIME(II).

Imaxe obtida en Pixabay.com
Comezamos a última semana de clase de maneira moi intensa. Sobre a segunda hora da mañá do luns 17, desprazámomos todos/as o comedor do cole e alí xuntámonos cos Picariños/as de 5 anos e coa profe Vane. Despois de lavar as mans e preparar o material, puxémonos a facer galletas coma tolos/as. Sairon unha morea delas!!! María, a nosa cociñeira,meteunas no forno e deseguida estiveron. Como non había moito tempo, as profes preparamos unhas bolsiñas para que cada un lle levase a proba as súas familias.
O tempo apremiaba porque na hora do recreo tiñamos o noso I Mercadiño Solidario.
Cartel creado pola profe Vane con Postermywall
So había que traer un quilo,litro ou paquete de comida non perecedoiro e poderíase trocar por un lote de libros  a escoller. Os libros  saíron  dunha renovación que estamos facendo na biblioteca e os alimentos recolléronse para o Banco de Alimentos de Santiago.
Temos que agradecerlle o traballo e esforzo que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º elaborando as etiquetas e atendendo aos seus compañeiros/as.
Montaxes realizadas con PiZap
GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

xoves, 27 de decembro de 2018

RECICLAMOS POLO NADAL.

Extraído da páxina Pilabot.gal
Neste mes de decembro e no próximo de xaneiro, o noso cole está participando no Concurso de recollida de pilas e acumuladores en centros educativos. Baixo o lema Recicla con enerxía !, este simpático robot (creado para protexer ao medio ambiente), pídenos que recollamos pilas e acumuladores portátiles para que acaben no lugar correcto.
Para obter toda a información sobre este proxecto,  premede na imaxe do logo.
Logo da campaña
Na nosa clase xa fixemos unha boa aportación (todos/as trouxemos algunhas) e no resto de aulas tamén, pero debemos seguir  recollendo. Se Papá Noel ou os Reis vos traen xoguetes e as pilas se gastan.... xa sabedes a onde tedes que levalas!
NESTE NADAL...RECICLA CON ENERXÍA!!!

mércores, 26 de decembro de 2018

CHRISTMAS TIME.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Esta semana pasada foi de tolos!!! Supoño que para todos/as máis ou menos igual. Agora que parece que hai un pouco de tranquilidade, intentarei poñer as cousas ao día.
Farémolo da seguinte maneira, ireivos contando actividades de Nadal e intercalarei aquilo que nos foi quedando atrás.
Xusto cando comezou o mes tivemos a inesperada visita da nosa Fada favorita; si, a fada Perella!
Veu para deixarnos un calendario de advento e que puidésemos contar os días que faltaban ata o Nadal.
O certo é, que o calendario era moi similar a un que eu xa fixera con outros nenos/as en 2º, pero propoñía actividades diferentes. Ensínovos algunha:
- Abrazo colectivo
- Unha merenda compartida entre todos/as.
- Un debuxo para un compañeiro/a.
Montaxes realizadas con PiZap.
 Tamén houbo propostas familiares pero desas non temos foto. Foi moi divertido!
GRAZAS, FADA PERELLA!!!

luns, 24 de decembro de 2018

FELIZ NADAL!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Este ano fixemos no cole, unha felicitación para estas datas. Creo que non hai mellor maneira de felicitarvos a Noiteboa e o Nadal, que coas voces dos vosos (e tamén nosos/as) nenos e nenas. Clicade na foto para velo.
Montaxe da teacher e nacemento realizado pola profe Puri.
BOAS FESTAS!!!

venres, 21 de decembro de 2018

MANUALIDADES DE 2º (II).

Montaxe realizada con Pizap
Unha das manualidades que máis lles gusta facer aos nenos/as é aquela que ten que ver coa natureza. Para facer esta coroa de outono, o primeiro que hai que facer é, buscar polo monte o material que imos utilizar. Xa na aula ,comezamos por picar o centro da nosa bandexa de cartón, para despois pintala. Tamén clasificamos as follas e demais  froitos que trouxemos á  clase. Noutra entrada mostrareivos todo o que xuntamos.
Unha vez secas as bandexas, realizaron as súas creacións (as cales tiveron que poñer título) e, por último, a profe asegurounas todas coa pistola de silicona (moi útil nestes casos).
Ollade os resultados!
Montaxes realizadas con PiZap

domingo, 16 de decembro de 2018

MANUALIDADES DE 2º.

Montaxe realizada con Pizap.
Inauguramos hoxe  o noso apartado de Manualidades cunha árbore de outono moi colorida. A idea saqueina do blogue Munchkins and Moms pero ten un toque persoal. A idea orixinal podedes consultala aquí.
Cóntovos por pasos:
1º. Debuxar un tronco nun folio.
2º. Recortalo.
3º. Siluetear o debuxo sobre un cartón.
4º. Pintar o tronco con témpera marrón e repasalo con rotulador da mesma cor.
5º. Unha vez seco,botar nun prato cores de outono e cunha bola de papel de aluminio, estampar para facer as follas.
Este foi o resultado final! Que vos parecen?
Montaxes realizadas con Pizap

xoves, 13 de decembro de 2018

RECURSOS DE NADAL 2018.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Hoxe toca unha de recursiños de Nadal. Seguro que xa estades totalmente inmersos  en avaliacións e ensaios do festival, pero sempre queda oco para gozar de actividades propias da época.
-Imos empezar por algo da terra, como é o noso Apalpador. A Mesa pola Normalización Lingüística publicou unha carta e unha Unidade Didáctica , dedicadas a este personaxe.
- No blogue, Lluvia de ideas de Maite Gan, h
ai unha extensa recopilación de recursos navideños.
-Dende Mundo de Rukkia ofrécennos outra compilación interesante de imprimibles.
-Atopei no Pinterest de Laura B, unha morea de mandalas de Nadal.
-Non esquezades os recursos de anos anteriores.
XA QUEDA MENOS!!

luns, 10 de decembro de 2018

DEREITOS HUMANOS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Tal día coma hoxe, fai 70 anos, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Xeral dos Dereitos Humanos. Tantos anos despois e aínda hai que loitar porque se cumpran. Tan difícil é? Aí o deixo!

Obtido no canal de Youtube de Naciones Unidas
Atopei esta explicación sinxela do que son eses dereitos que nos asisten a todos/as.
Obtido no canal de Youtube de Valentina Cantillo
 E esta imaxe que os resume.
Atopada na páxina La letra al revés
Hai entradas de anos anteriores con información e xogos. Prema aquí.
FELIZ DÍA!!!

xoves, 6 de decembro de 2018

O ESPÍRITO DO NADAL.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Gústame o Nadal! As xuntanzas,  a familia, a comida, as decoracións....o que o envolve, en xeral e o seu espítito, en particular. Cando algo tan marabilloso de desvirtúa perde todo o seu encanto.Para que isto non ocorra debemos estar atentos ao realmente importante. Hoxe déixovos dúas pezas publicitarias para reflexionar sobre o tempo que se achega.Todos/as a pensar!!!

Obtido no canal de Youtube de Ads of Brands
Obtido no canal de Youtube de IKEA España

luns, 3 de decembro de 2018

INTÉGROME! INTÉGRAME!

Imaxe obtida en REHAGIRONA
Según António Guterres, Secretario Xeral da ONU, "Neste Día Internacional,reafirmaremos o noso compromiso de traballar xuntos por un mundo mellor que sexa inclusivo,equitativo e sostible para todos, e no que os dereitos das persoas con discapacidade se fagan plenamente efectivos".
Para falar sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade debemos que ter moi claro que pertencen, igual ca nós, á sociedade e polo tanto deben estar integradas nela. Para que isto suceda non so depende deles; nós temos moito que ver coas nosas actitudes e accións.
Ollade esta curta , presentada no Festival de cine de Cannes,  que promove a inclusión.
Obtido no canal de Youtube DisneyChannelLA
Tamén vos propoño unha nova mirada sobre o tema, que nos ofrece  a Fundación Prevent. Fálanos de como nos comportamos coas persoas con discapacidade e como lles gustaría a eles ser tratados realmente.
Obtido no canal de Youtube  Fundación Prevent
En anos anteriores  xa vos contei cousiñas sobre este día. Preme aquí para recordalas.
BO DÍA!!!

sábado, 1 de decembro de 2018

CONTA ATRÁS!

Imaxe atopada en Piaxabay.com
Xa chegou o 1 de decembro! Comeza a conta atrás para o Nadal!  Coma todos os anos podedes seguir as andainas de Papá Noel polo mundo adiante con Google Maps. Preme na imaxe inferior e saberás por onde anda hoxe.
FELIZ ESPERA!!!

xoves, 29 de novembro de 2018

PUNTOS.

Este ano non abandonamos os puntos; comezamos o curso cunha fornada de 10 puntiños que outorgaron o privilexio de ler no rincón da biblioteca de aula: o recanto soñador. Case todos/as o conseguiron xa; o resto, está a puntiño!!!(Nunca mellor dito).
Xa temos a seguinte proposta funcionando e podemos conseguir un fantástico conto con catro fábulas (en castelán e inglés) para ler e acceso á lectura dos que consigan os nosos compis.
Montaxes creadas con PiZap
Hai algunha cousiña en mente pero poñerémola en páctica máis adiante.

martes, 27 de novembro de 2018

FELIZ DÍA, MESTRES/AS!!!

Obtido no blogue Mi sala amarilla
O 27 de novembro (día de San Xosé de Calasanz) festexamos en España aos mestres e mestras; a nivel mundial facémolo o 5 de outubro, pero todos os días son nosos porque estamos nas aulas ao pe do canón. Espero estar á altura da frase da nosa amiga Sandra e conseguir aínda que solo sexa, un pouco de inspiración nos meus alumnos/a.
Neste artigo de OK diario cóntavos por que se celebra hoxe esta data no noso país.
Déixovos as entradas de anos anteriores con vídeos e cantigas. Premede aquí.
Rematamos cun sorriso  no cole de Gaturro, creado por Nik.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 25 de novembro de 2018

VIOLENCIA,NON!!!

Parece que non ten moito que ver a imaxe que escollín co día que hoxe se reivindica, porque eu son de levar algo a contaria, de ir a contracorrente e ofrecer o lado positivo aos demais. Creo firmemente no poder da unión fronte aos problemas sociais, na mirada cara dentro para fomentar o cambio e na forza do exemplo como vía educativa.
A violencia debe ser erradicada de todos os ámbitos da nosa vida e non debe exercerse sobre ninguén. Se todos/as somos iguais, como seres humanos;  por que non tratarnos ben entre nós? Escoitamos demasiadas noticias onde impera a agresión cara os débiles e iso non podemos consentilo. So temos que practicar dúas palabras no noso día a día:
Imaxe creada con Image Chef.
Déixovos unha preciosa canción de Guadi Galego, titulada "Recoñecéndome". Supoño que terá moitas lecturas e non sei cal será a de Guadi; eu interprétoa  como o apoio incondicional que precisamos todos/as nalgún momento vital e coa revisión interior (antes mencionada) para coñecernos e mellorar.
Obtido no canal de Youtube de GuadiGalegoVEVO
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí.
Tamén vos deixo a positiva mensaxe Rozalén pintando unha porta violeta, a través das mans do CFGS de Integración Social do IES Ben Gabirol de Málaga. Ogallá non teñan que pintarse máis portas violetas para fuxir senón que poidamos abrilas libremente de calquera cor para escoller novos camiños.
Obtido no canal de Youtube de paloma garcia santafe
FELIZ DÍA DO BO TATO!!!