venres, 29 de xuño de 2018

REPASIÑO E PROMESA.

Como todos os anos, no final de xuño, toca cumprir coa tradición. Por unha banda, o repaso que nos ofrece a Junta de Castilla y León. Uns xogos amenos e divertidos que son totalmente compatibles coas vosas estupendas e merecidas vacacións.
Por outro lado, non esquezo a promesa feita de crear unha entrada (cando rematase o curso) para recibir os comentarios de todos os meus alumnos e alumnas. (Déixovos  un enlace no lateral dereito para acceder).
ESPÉROVOS  A TODOS/AS!!!

xoves, 28 de xuño de 2018

MATES DIVERTIDAS(VI).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Co curso xa rematado,por parte dos nenos/as, ensinareivos algunhas cousiñas do curso que quedaron por ver.
- Aprendemos a comparar números:
-Iniciámonos na multiplicación ( a isto xogamos por parellas  e despois comemos o multiplicado):
-Tamén nos achregamos ao mundo dos euros (montaron unha tenda..... están feitas unhas "negociantas"!!!:
Montaxes realizadas con Pizap.
FORON CLASES MOI DIVERTIDAS!!!

martes, 26 de xuño de 2018

HORA DE LER (II).


Este ano, na nosa "Hora de Ler", fixemos varias actividades diferentes, como a lectura  ao aire libre(que xa contamos), traballar o libro "A vaca dixo mua" de Gloria  Sánchez e o de Marisa Alonso, "Fantasía en poesía".
O libro de Gloria Sánchez lémolo na aula, entre todos, en varias sesións. Despois de traballar o vocabulario non entendido fixemos unhas fichas (que aparecen na páxina de OQUELEO de Santillana). Foi fácil obtelas pero tiven que rexistrarme.
Ollade nosas portadas!!!
Montaxe realizada con PiZap.
Noutra entrada cóntovos o que fixemos co  libro de Marisa Alonso.

domingo, 24 de xuño de 2018

TODO O BO REMATA.

Chapa cos nomes dos meus nenos/as.
O título desta entrada encerra unha gran verdade porque, aínda que todos necesitemos un merecido descanso a estas alturas de curso, remata unha boa experiencia vital con resultados diferentes para cada un de nós. Seguirei publicando algunhas cousiñas que quedaron no tinteiro deste ano escolar pero hoxe, cóntovos a festa de fin de curso.
Primeiro pasamos polas aulas para recoller os últimos traballos e uns agasallos da profe.
Despois xogamos nas colchonetas, maquillámonos, fomos aos cars e fixemos unha morea de chapas.
Tamén tivemos unha estupenda merendola!
Rematamos cunha sesión de fotos que nos fixo a profe Noe. Tamén colaboraron a profe Silvana e o profe Julio. Graciñas!!!
Montaxes realizadas con PiZap.
FOI UN DÍA ESTUPENDO!!!!

xoves, 21 de xuño de 2018

VIAXE A ONS.

Rumbo a Ons.
O martes pasado fomos todo o cole de excursión á Illa de Ons. Todo eran nervios e emoción, aínda que o ano pasado xa visitaramos as Illas Cíes.
Saímos cediño do cole en autobús para coller o catamarán en Bueu e dalí ,rumbo á illa. Despois de deixar as mochilas fomos facer unha ruta coa guía María, que nos ensinou onde estaban os restos dunha antiga fortaleza, nos falou dos animais que habitan alí e ata mencionou aos piratas.
Despois da camiñata tiñamos moitísima fame ; así que procedemos a xantar.
Tomamos un xeado, fixemos tempo e.... a gozar da auga!
Depois do baño regresamos a Bueu e tivemos que repor forzas para volver ao cole con moita vitalide.
Foi unha excursión ben chula! Os nenos/as divertíronse a tope e os profes respiramos aliviados cando os entregamos ás familias sans e salvos (Señores,non é cousa de broma!).
ATA A PRÓXIMA!!!

luns, 18 de xuño de 2018

MV (III)

Seguimos cos nosos "kits" viaxeiros e soñadores. A entrada anterior tédela aquí ( por se vos esquecestes).
-Lanterna máxica:
- Receita da Estrela de follado:
-Cazasoños ou Atrapasoños:
Déixovos a receita e as instrucións para facer un Cazasoños. Xa vos ensinarei as preciosidades que fixeron os nenos/as coas súas familias.
En próximas entradas os resultados dos Maletíns Viaxeiros.

venres, 15 de xuño de 2018

SEXAMOS SEGUIDORES.

O outro día, visitando o blogue de Marisa Alonso, Poesía Infantil, lín unha entrada que me pareceu moi interesante. Trátase de crear unha comunidade de blogues para colaborar e coñecerse. Déixovos aquí a idea por se vos gusta e queredes participar. (Copiei do blogue de Marisa en castelán para que non teñades que escribilo de novo se o poño en galego).
Seamos seguidores es una iniciativa creada para formar una comunidad de blogs que colaboren entre sí, así como para conocernos entre bloggers.

¿ESTÁS INTERESADO EN PARTICIPAR? PUES SIGUE LEYENDO:


Para formar parte de esta iniciativa, lo primero que debes hacer es seguir mi blog y dejar un comentario en esta entrada con el enlace de tu blog, de modo que yo también pueda seguirte.
Vamos, un proceso de "followback" bien sencillito.


Acto seguido, te llevas esta imagen y explicación a tu propio blog, no pasa nada si haces “copy & paste”, estamos en confianza. De ese modo, otras personas harán el mismo proceso en tu blog.

En cuanto me sigas y hayas dejado el comentario, iré a ver tu blog y a seguirte.  

martes, 12 de xuño de 2018

NON AO TRABALLO INFANTIL

Imaxe atopada en Pixabay.com
Por desgraza, a imaxe que hoxe comeza o noso post, non é unha instantánea do pasado, senón que  está de plena actualidade. Según UNICEF,150 millóns de nenos/as(entre 4 e 15 anos) son víctimas de traballo infantil. Dende o ano 2002, no que se instaurou esta data, lévase loitando para concienciar deste inmenso problema e lograr a súa erradicación. Seguimos na loita porque a cuestión ten visos de continuar.
Visitade as entradas de anos anteriores aquí.
Ollade a idea do Ministerio Social de Arxentina.
Obtido no canal de Youtube  do Ministerio  Social  da Arxentina.
Outro spot sobre o tema.
Obtido no canal de Youtube  de Casa Esperanza.
E despois de todo isto atrevédesvos  a queixarvos das tarefas do cole? Sodes capaces de xogar na clase e non atender aos profes? Hai nenos/as que non teñen opcións, vós que as tedes., APROVEITÁDEAS!!!
FELIZ DÍA!!!

domingo, 10 de xuño de 2018

HORA DE LER.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Este curso seguimos tendo "Hora de Ler" despois do recreo. Estamos facendo lectura libre cos libros traídos da casa por todos/as. Estes momentos lectores facémolas nas nosa aula. Pero un día, do mes pasado, aproveitando que facía sol(cousa rara por aquí ultimamente) decidimos ir ler ao patio. Non é que teñamos un lugar moi axeitado para tal menester e froito da improvisación tampouco se poden  pedir milagres pero.... Aínda así, foi algo diferente!
Non sei cando poderemos repetir...

xoves, 7 de xuño de 2018

MV (II)

Xa chegou ao seu fin o periplo dos nosos Maletíns Viaxeiros!!! Agora toca ensinarvos como foi a súa viaxe.
Antes de falarvos das visitas e os seus resultados, vouvos contar o que ía nos maletíns. Se premedes aquí veredes a entrada onde vos conto o material que ía dentro pero non falei do "kit" para non estragar a sorpresa. Agora que todos/as o tiveron na casa, explícovos en que consiste. (O material é en castelán porque o libro de contos é nese idioma).
Así comezou todo!!
-Duende aspirasorrisos:

-Medidor de soños:
-Bolboretas do sono:
Montaxes realizadas con PiZap.
Noutra entrada acabo de contarvos que máis cousiñas levaban estas caixas de "Boas noites".

martes, 5 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hai varios días relacionados co Medio Ambiente: o da Auga, o dos Bosques, o dos Humedais, da Terra, da Reciclaxe.... Unha morea vamos!!! Pero o de hoxe engloba a todos os demais.
Este ano o país anfitrión da celebración global é A India e o lema promovido "Un planeta #SinContaminación por plásticos". Preténdese que os gobernos,  a industria e as persoas en xeral nos concienciemos do efecto nocivo que ten o plástico en nós e no noso planeta.
Premendo na imaxe teredes máis información.
Na páxina de Educación 3.0  ofrécennos recursos para traballar este día.
As entradas de anos anteriores, aquí.
Nesta canción  podemos aprender como coidar a natureza.
Obtido no canal de Youtube Happpy Learning
Os amigos/as de CantaJuego tamén nos envían unha mensaxe positiva sobre o noso "Pequeño Planeta"

Obtido no canal de Youtube  CantaJuegoVEVO
FELIZ DÍA!!!

sábado, 2 de xuño de 2018

MÁIS CRÓNICAS.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Aquí vos queda unha nova ración de crónicas. Esta vez sobre as vacacións de Semana Santa (que quedaran esquecidas) e sobre a saída que fixemos ao auditorio de Cerdedo.