Obtido na páxina oficial dos Bolechas.
Como ven sendo habitual chegadas as datas de Entroido, o Meco, maniféstase e fainos chegar os seus mandados.Este ano o tema versaba sobre o concepto "charramangueiro" (o que ven sendo un hortera de toda a vida). Pois ben o luns 5 tocounos unha prenda charramangueira; o martes 6, algo na cabeza; o mércores 7, algo nos pés e o xoves 8, o conxunto total. Mirade o que a semana deu de si!
Motaxes realizadas con PiZap.
Teño que dicirvos que fixen un pouco de trampa porque o mércores nevou e solo viñeron dous nenos ao cole. Fixen a montaxe para que vexades os estupendos traballos e poidades xogar a adiviñar (sen mirar as últimas fotos, eh? Non vale facer trampas!)
Por certo, como podedes ver nas fotos aparece unha moza moi guapa. É a profe Lucía, que está facendo as prácticas con nós.
Noutra entrada cóntovos a festa do último día.
a pesar de la "trampa", jajajaj. es una excelente actividad. un besote de finde.
ResponderEliminarMuchas gracias, guapa.
EliminarBuen finde.
Besos.