venres, 6 de marzo de 2015

CELEBRÁMOSTE, ROSALÍA!!!

Agora tócame a min!Xa vistes o precioso traballo colaborativo que realizamos os da clase de cuarto xunto cos nenos/as de Educación Infantil de 3 e 4 anos. Pois hoxe serei eu a que vos sorprenda(espero)cunha "presentacionciña" dos mellores momentos dese día.
Aparte de crear unha biografía en verso sobre a autora que ilustraron os peques e do marabilloso vídeo que editou a profe Vane con ese traballo; tamén fixemos festa o 24 de febreiro. Pasámonos pola clase de Infantil a recitarlles de viva voz a nosa creación e eles ensináronnos como ían os seus debuxos. Despois recitamos versos de Cantares Gallegos e inmortalizamos o día facendo fotos. Pero o mellor estaba por chegar. Da man da profe Vane apareceu unha caixa con doces chuches que nos levamos a mar de contentos para conmemorar o aniverario de Rosalía.
Aquí queda a proba do ben que o pasamos!!!
Grazas por actividades tan gratificantes e sorpresas tan doces.

5 comentarios:

  1. Grazas!!!! Unha gran reportaxe. Alédame saber que o pasástedes tan ben coma nós. Moitos bicos para nove rapaces extraordinarios e unha profe única.
    A peofe Vane.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A experiencia foi moi interesante, coma sempre.Creo que imos ter que repetir.Vémonos, picariños e profe!!!!

      Eliminar
  2. Muchísimas gracias Mirian por acordarte de mi blog. Por supuesto que me alegra y me motiva. En cuanto tenga un momentito lo comparto.
    Un beso grande.

    ResponderEliminar
  3. Que bo traballo e que boa forma de celebrar o día de Rosalida, Anabel! Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Ana.Foi sen dúbida unha gran experiencia cun remate moi festeiro. O que nos gusta , vamos!!!!
      Un bico forte.

      Eliminar