domingo, 1 de febreiro de 2015

COMO SAN, MEDRO SAN.

O Día da Paz deu para moito no cole, xa que aos alumno/as de 4º, 5º e 6º tocounos ese día  a actividade "Almorzos saudables".Dentro do programa PASEA, da Consellería de Sanidade,recibimos unha agradable charla (por parte de Josefa) que nos falou, non so do almorzo senon que nos contou moitas cousas sobre alimentación, vida sana e hixiene bucodental.
Primeiro viñeron os consellos e despois... un bo e mediterráneo almorzo.Consistía en:
-1 rebanda de pan con aceite de oliva virxe, un toro de tomate e un trozo de xamón.
-1 mandarina.
-1 vaso de leite con cacao.
Na segunda parte da charla coñecimos a Tomasita, que lle axudou a Josefa a ensinarnos como lavar correctamente os nosos dentes e a limpar a nosa lingua.

Foi unha mañá moi produtiva!!!
Queremos agradecer a colaboración recibida por parte dos pais/nais,mestres e persoal de cociña  que axudaron para que actividade fose todo un éxito.
GRAZAS A TODOS/AS!!!
Clicade na imaxe para acceder ao Programa Galego de Actividades Saudables,Exercicio e Alimentación.

10 comentarios:

  1. Que ben o pasamos esa mañán profe¡¡¡Foi un doble dia:aprendemos a almorzar san e a lavar ben os dentes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como me alegro,Ana, de que a mañá fose tan produtiva!!!!Espero que o esteas poñendo en práctica.

      Eliminar
  2. Hola: una jornada muy intensa sobre la comida sana y saludable. Me encanta la super dentadura con la que Josefa les enseña a lavarse correctamente los dientes... seguimos en contacto

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si, Marta, aprendimos un montón.Y la dentadura creo que nos llamó la atención a todos. Seguimos en contacto.

      Eliminar
  3. A charla e os consellos seguro que estiveron moi ben, pero o que é o almorzo ... que rico!!!!!! Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tes razón , Ana, foi un dos mellores momentos!!!!
      Biquiños.

      Eliminar
  4. foi toda unha esperienza, tamen paos pais pasamolo moi ben ,un bico.mari luz

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome moito e que o pasarades tan ben,Mari Luz.Eu, persoalmente, estouche moi agradecida pola túa participación. Espero que teñamos máis colaboracións.
      Un saúdo.

      Eliminar
  5. profe o almorzó estaba riquísimo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois xa sabes, Daniel, a almorzar así todos os días.

      Eliminar