venres, 27 de febreiro de 2015

DEPORTE ESCOLAR.

Este ano xa inauguramos o Deporte Escolar no trimestre pasado coa carreira de cross no circuíto da Madalena, pero non houbo entrada porque ao non ir a profe...non me gusta falar de oídas!!!
Pero este venres,27 de febreiro, si estiven presente e podo contarvos algo do que pasou.
Recibimos aos nenos e nenas do cole de Carballedo e xogamos con eles ao fútbol, ao baloncesto e ao balonmán. Tamén houbo oco para o xadrez.
Os de 3º e 4º gañamos a case todo e aos maiores non lles foi tan ben; en resumo, os resultados non importan demasiado senon que pasamos un rato agradable cos nosos compeñeiros/as.




xoves, 26 de febreiro de 2015

ASÍ ENTROIDAMOS NÓS.

O Entroido xa vai alá pero nós queremos recordalo a través das crónicas  que realizamos sobre a festa do noso cole e os días que pasamos na casiña. Que vos gusten moito!!!

martes, 24 de febreiro de 2015

SEMPRE ROSALÍA.

Caricatura de Rosalía por Mario Rodríguez

Como cada 24 de febreiro queremos celebrar que viñese ao mundo nesta data unha creadora de versos, unha feiteceira da palabra que honrou a súa Lingua (a nosa ) escribindo nela e converténdose en referente literario e poético dunha época. A súa obra é coñecida no mundo enteiro e foi traducida a varios idiomas. Tamén foi musicada. Sirvan como homenaxe todas estas manifestacións musicais baseadas na obra da autora.


Curiosa mezcla de Rosalía e Amy Winehouse da artista Elisa.

Pero isto non remata aqui, non, porque celebramos o día por todo o alto e temos probas diso. Permanecede atentos se queredes saber máis. Aí vos quedan unhas pistas!!!



domingo, 22 de febreiro de 2015

COMO A VIDA MESMA(XIV) (2014-2015) +PUNTOS.

Hoxe  quero proñervos a  lectura dunha pequena historia que nos pode ser moi útil na vida. É o Conto da ra que caeu no pozo,  que atopei no blogue Enroque de ciencia de Carlos Roque Sánchez.
Está en castelán (para que non haxa queixas) e despois púxenvos unhas preguntiñas facilísimas para ver se vos fixastes durante a lectura.


Vou aproveitar para poñer uns NOVOS PUNTOS. Xogamos por 5 puntiños e temos que seguir estes pasos:
-Visitade  a entrada Como a vida mesma (XIII) e despois de visionar a curta escribide  unha reflexión sobre o significado da mesma( Que nos conta?, Que nos ensina?).
- A continuación, escribide as preguntas e repostas que aparecen neste Quiz Revolution sobre o Conto da ra que caeu no pozo (en castelán) e engadide a ensinanza que vós sacades do texto.
- Tendes de prazo ata o luns ,2 de marzo, para entregarmo.
 E xa está!!!5 puntiños no voso peto!!!

sábado, 21 de febreiro de 2015

A MIÑA LINGUA, A TÚA LINGUA.

Imaxe obtida no Portal das palabras.

Hoxe celebramos o 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna. Nesta data conmemoramos  a riqueza que nos ofrece a diversidade lingüística do planeta.Non importa onde nazas,  as ideas dos teus pais ou a túa economía, tes unha lingua que se che agasalla no nacemento e que se converte en materna porque nela comezas a aprender , soñar e vivir.Non perdamos un galano ancestral polos convencionalismos , as modas ou a estupidez.
 Pola saúde da nosa lingua, FÁLAA!!!
Na páxina das Nacións Unidas fálannos deste día.
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécennos recursos para celebrar a diversidade das linguas.
No Portal das palabras  tamén nos dan información.

venres, 20 de febreiro de 2015

AVALIANDO.

Supoñemos que este ano teremos Avaliación de Diagnóstico en 4º de Primaria, xa que a LOMCE aínda non se implantou neste curso e rexémonos pola LOE (Lei Orgánica 2/2006, 3 de maio, de Educación).Pero en 3º si entrou en vigor a nova Lei, co cal se realizará unha proba neste nivel en todo o Sistema Educativo Español, arredor do mes de maio.
O blogue La eduteca ,de Óscar Alonso, ofrécenos unha interesante entrada sobre este tema con material que pode servir de modelo para dita proba. Preme na imaxe para enterarte.
No blogue Mi clase 2000 Recursos Didácticos Digitales, de Antonio López ,tamén aparece material que vos pode guiar neste tema. Preme na imaxe para acceder.

martes, 17 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

Neste Entroido fixemos moitas cousiñas, como seguir os mandatos do Meco, ir a Infantil a facer filloas e  celebrar unha festa por todo o alto. Degustamos unha saborosa rosca con chocolate coa que nos agasallou o Concello e bailamos ata máis non poder co Cé Orquestra Pantasma , que nos trouxo a nosa ANPA. Aquí queda un resumo do acontecido nesta semana.
Grazas a todos os fotógrafos do cole que nos proporcionastes o material para poder facer estas montaxes.

...

luns, 16 de febreiro de 2015

COMO A VIDA MESMA (XIII) (2014-20215)

Fai dous días celebramos o día de San Valentín, que exalta o amor e a amizade. Xa sabedes que non son moito de datas concretas ( e menos se son comerciais),pero utilízoas para tratar determinados temas que deben estar nas nosas vidas a cotío.
Paseando polo blogue de Carmen Cardeñosa Jugando y aprendiendo juntos, atopei esta marabillosa xoia en forma de curta. Dirixida por Ludovic Gavillet, Derya Kocaurlu, Lucas Hudson e Colin Jean-Saunier como proxecto de fin de estudos para a Escola de Arte e Deseño Bellecour de Lyon, Monsterbox, preséntasenos como unha fermosa historia cunha calidade excepcional.
Gozádea e reflexionade sobre ela, tal vez caia algunha preguntiña nos próximos puntos!!!

domingo, 15 de febreiro de 2015

Á RICA FILLOA!!!

Os bos costumes non deben perderse e para seguir coa tradición, o mércores (11 de febreiro) organizamos na aula de Infantil de 3-4 anos unha gran "filloada". Como anfitrións, 17 picariños/as coa profe Vane ao frente, e como invitados, os alumnos/as de 4º de Primaria  e a profe.
Comezamos escribindo a receita , preparamos o amoado, elaboramos cada un a nosa e.....a papar!!!
Aquí queda un resumo do acontecido.


A prensa fíxose eco da nosa tarde. Póñovos o publicado en "La voz de Galicia" e o enlace ao "Faro de Vigo"
E tamén vos deixo uns exemplos da receita que elaboramos
Clica sobre a plantilla para ir á súa orixe.

Grazas aos picariños e a profe Vane por deixarnos participar de ideas tan estupendas, e por facernos as fotos, e por darnos ideas , e por tantas cousas que non hai espazo suficiente.
Ata a próxima toleada. Estase cocendo!!!


sábado, 14 de febreiro de 2015

SEMANA DO MECO.

Estes foron os madados do Meco desta semana de Entroido. Como podesdes observar cumprímolos todos.

venres, 13 de febreiro de 2015

RETRANSMITINDO!!!

Imaxe atopada na rede.

Hoxe é o Día Mundial da Radio. Si, si, desa radio que nos acompaña cando imos no coche,coa que cantamos nas excursións a pleno pulmón,que  retransmite partidos, que da as noticias e que ten progamas de entretemento. É o día dun medio de comunicación de baixo custe que chega a case todos, que ten un importante papel en situacións de emerxencia e operacións de socorro e que axuda a levar a soidade un pouco mellor.
Parabéns a todos aqueles que fan posible o soño da radio, que a viven e  a comparten con nós diariamente.
Aquí vos deixo información sobre este día e a súa celebración.

mércores, 11 de febreiro de 2015

CRONICANDO.

Aquí están as crónicas  do Día da Paz, no que tamén fixemos a actividade dos Almorzos saudables.Foi un día intenso pero moi aproveitado.

Tamén vos deixo o enlace ao blogue da nosa biblioteca ( http://bibloenforcarei.blogspot.com/) onde aparece o vídeo con todas as fotografías que mandastes que vos suxerían paz. 
Clicade na imaxe para acceder.

luns, 9 de febreiro de 2015

COMO A VIDA MESMA (XII) (2014-2015)

Nesta ocasión imos utilizar a nosa sección de Como a vida mesma para recuperar un vídeo con preguntas sobre Nelson Mandela do ano pasado. Xa que estivemos coa temática da Paz, que mellor persoeiro para encarnar a loita pacifista en prol dun mundo igualitario e libre.
Tamén imos aproveitar para gañar 5 puntiños; que vos parece?
Debedes clicar na imaxe para acceder ao post e seguir as instrucións que alí aparecen. O prazo remata o venres 13 de febreiro. Se  tedes dúbidas, preguntade.

domingo, 8 de febreiro de 2015

RECURSOS DE ENTROIDO (2015)

Como xa temos o Entroido aquí , premede sobre a imaxe, para ver recursos que nos axuden a gozalo na aula e na casa. Grazas  a todos/as os que compartides materiais que nos facilitan o noso traballo.(Como sempre queda no lateral para facilitar a búsqueda).
BO ENTROIDO!!!

venres, 6 de febreiro de 2015

DIVIDIMOS POR DÚAS CIFRAS.

Tiña esta entrada preparada para poñervos, e que mellor día ca hoxe, que nos suspenderon as clases por culpa da neve. Non deixedes de saír a xogar e facer bonecos con ela pero cando vos metades ao quentiño na casa podedes aproveitar para repasar.

BOA FIN DE SEMANA!!!

Xa aprendemos a dividir entre dúas cifras ; agora solo nos queda practicar moito para collerlle ben o tranquillo. Que vos parece se o facemos a modo de xogo? Navegando, navegando cheguei ao blogue La Caseta, un lloc especial, que tiña unha entrada con  3 estupendos xogos . Pedínlles permiso para compartir e aquí  volos deixo. O cuarto vai de propina. Agora xa non tendes excusa para non practicar!!!
Xogo recollido da páxina do INTEF.
Da páxina do Gobierno de Canarias.
Da páxina de SM.
De José Antonio del Olmo Vián na páxina de la Junta de Andalucía.

mércores, 4 de febreiro de 2015

SUPERHEROES

Hoxe, 4 de febreiro, é o Día Mundial contra o Cancro e, aínda que non é unha data conmemorativa escolar, todos coñecemos a alguén que padeceu ou está pasando por esta enfermidade. Neste mesmo mes de febreiro,concretamente o día 15, conmemórase o Día Internacional da loita contra o Cancro Infantil. Para facer visible esta enfermidade, que por desgraza, está demasiado presente nas  nosas vidas, quero deixarvos un vídeo que nos chega desde o Brasil e que nos fala dunha "Superfórmula" moi especial.
O vídeo está en brasileiro pero, como é unha lingua irmá, creo que o entenderedes sin problema.
Esta é a explicación que acompaña ao traballo:

"Dicen que el primer paso para iniciar la cura del cáncer es creer en la sanación. Pero, como advirtieron desde JWT Brazil, atravesar el tratamiento no es fácil, especialmente para los más chicos. Es por ello que la agencia de publicidad obtuvo los derechos de Warner Bros y, junto al Centro del Cáncer Camargo de São Paulo, desarrolló una 'Superfórmula' con los personajes de La liga de la justicia como protagonistas.
La idea de la misma es poder estimular a los niños que están luchando contra dicha enfermedad mediante elementos amigables e inspiradores que les transmitan fuerza, y qué mejor forma de hacerlo que decorándolos con las figuras de superhéroes de la talla de Batman, Supermán o la Mujer Maravilla.
Para ello se construyeron cubirtas especiales par las bolsas de quimioterapia intravenosa (...) y el salón pediátrico fue transformado en el Palacio de justicia.Se creó una serie de dibujos animados y revistasde cómics en las que los suprhéroes pasan por una experiencia similar a la que deben enfrentar los niños con cáncer. En estas historias positivas, los personajes logran recuperar su fortaleza gracias a la "Superfórmula, la misma que reciben los chicos durante su tratamiento."

Para os verdadeiros superheroes desta loita e todos aqueles que os rodean coa súa paciencia e amor:
(Na entrada do ano pasado podedes atopar a canción de Macaco "Seguiremos" que utilizaron para facer un vídeo con nenos de oncolóxicos).

martes, 3 de febreiro de 2015

SEMANA DA PAZ.

 A semana pasada  dedicámola no cole á paz e ao amor. Dúas palabras bonitas que deben trascender máis alá do seu significado, materializándose nas nosas vidas e facéndose cotiás no mundo. Propuxéronnos algúns retos e ofertáronnos lecturas e representacións do máis variado.
Un día visitamos a aula de terceiro, invitados pola mestra Chus, para cantar xuntos unha canción de Gisela "Paz y amor".
 Biblo, a mascota da nosa biblioteca pediunos colaboración para decorar os corredores do cole realizando, xunto coas familias, un boneco decorado.



Como nós fixemos lectura polo Samaín nesta ocasión tocounos escoitar aos compis.
Visitamos a biblio para escoitar aos compañeiros/as de 1º recitar unhas poesías sobre a Paz, aos nenos/as de 6º contarnos "La leyenda del arco iris" e rematar cantando xuntos unha canción;aos de 5º, recitar poemas inventados por eles mesmos e representar "El pez Arcoiris" no teatro de marionetas e aos chicos/as de Infantil de 4 e 5 anos contarnos os tipos de bicos que hai e porque teñen diferente cor. Despois escollemos os bicos que máis nos gustaban e asinamos neles recibindo a cambio un bico da nosa cor.
O día da celebración xuntámonos todos no salón de actos e,como colofón a unha gran semana,interpretamos a canción "Hoy cantamos por la Paz". Tamén comezamos un mural para recoller normas de convivencia pacífica, pero como a Paz é todo o ano.....xa haberá tempo de rematalo!!!

luns, 2 de febreiro de 2015

COMO A VIDA MESMA (XI) (2014-2015)

Noutro post (concretamente onde falabamos da fermosa e "mariñeira"  iniciativa do cole María Inmaculada) anuncieivos, que na próxima entrega da nosa sección, vos traería a curta sobre a historia de Sadako Sasaki.  Pois promesa cumprida!!!
Atopei un abecedario de lecturas para a Paz, en Docentes para el Fomento de la Lectura, cunhas recomendacións moi axeitadas para traballar o tema ou simplemente para gozar lendo.
Boa lectura!!!
Tamén vou aproveitar para deixarvos un enlace ao blogue do CEIP Santiago de Oliveira (Ponteareas), FRAGAREIS, que nos fala sobre a festividade da Candeloria e do casamento dos paxariños (que é hoxe).

domingo, 1 de febreiro de 2015

COMO SAN, MEDRO SAN.

O Día da Paz deu para moito no cole, xa que aos alumno/as de 4º, 5º e 6º tocounos ese día  a actividade "Almorzos saudables".Dentro do programa PASEA, da Consellería de Sanidade,recibimos unha agradable charla (por parte de Josefa) que nos falou, non so do almorzo senon que nos contou moitas cousas sobre alimentación, vida sana e hixiene bucodental.
Primeiro viñeron os consellos e despois... un bo e mediterráneo almorzo.Consistía en:
-1 rebanda de pan con aceite de oliva virxe, un toro de tomate e un trozo de xamón.
-1 mandarina.
-1 vaso de leite con cacao.
Na segunda parte da charla coñecimos a Tomasita, que lle axudou a Josefa a ensinarnos como lavar correctamente os nosos dentes e a limpar a nosa lingua.

Foi unha mañá moi produtiva!!!
Queremos agradecer a colaboración recibida por parte dos pais/nais,mestres e persoal de cociña  que axudaron para que actividade fose todo un éxito.
GRAZAS A TODOS/AS!!!
Clicade na imaxe para acceder ao Programa Galego de Actividades Saudables,Exercicio e Alimentación.