"Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz."
Baixo este precioso lema, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, embárcase nun ambicioso reto: o de conseguir mil barcos de papel que naveguen cara a illa da paz o próximo 30 de xaneiro. Basándose na historia da nena Sadako Sasaki, no canto de grúas,os silledenses, pretenden construír naves que surquen mares de procelosas e intolerantes augas para alcanzar a concordia e a conciliación.
Son moitos os "armadores e armadoras" que lles están botando unha man e, desde o cole de Forcarei, non quixemos ser menos. Participamos todos, que aínda que non somos moitísimos, facemos montón. Deixovos aquí a nosa contribución desde a aula de cuarto.
Grazas profe Chus , por facernos a foto!!!
Aquí queda unha presentación para que vexades o proceso de creación.
Que boísima idea tiveron! Seguro que agradecen moitísimo a vosa participación. Un bico.
ResponderEliminarUnha idea preciosa, Ana. Están abrumados pola agarimosa resposta. Esperamos que consigan o reto. Un bico.
Eliminar