Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a Sida e quero facer mención diso na nosa sección, xa que é unha enfermidade epidémica que existe no mundo e cobra moitas vidas.
Interésame ,fundamentalmente, que reflexionedes sobre a frase do cartel (non se refire só á sida) senon ao estado de saúde que pode ter calquera persoa. Non discriminemos por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía... pero tampouco demos de lado a alguén que está enfermo.
A maioría das enfermidades non se escollen, e se foses ti?
Moi boa entrada non só para dar a coñecer este día senón tamén para facernos reflexionar. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas, Ana. A realidade sempre supera á ficción ; debemos estar preparados. Un bico forte.
ResponderEliminar