mércores, 31 de decembro de 2014
sábado, 27 de decembro de 2014
O NADAL DE PERELLA.
Non quixo Perella pasar sen desexarnos unhas Felices Festas e pasouse pola aula para deixarnos uns chocolates de Nadal. Tamén nos trouxo unha carta en contestación á nota que lle enviara Daniel.Creo que xa nos quedou claro que as cousas debemos facelas con antelación, o da última hora...non acaba de resultar!!!Deixamos testemuño gráfico da visita.
mércores, 24 de decembro de 2014
FELIZ NADAL A TODOS/AS!!!
martes, 23 de decembro de 2014
SEMANA INTENSA!!!
venres, 19 de decembro de 2014
COMUNICÁNDONOS.
Nestas datas tan familiares e de amizade decidimos desexarlles unhas Boas Festas a dúas persoas moi importantes para nós e que xa non vemos tan a miúdo como nos gustaría. Un é o profe Celso,que aínda que está xubilado veu a vernos ao festival e a outra é, Marta,á que botamos tanto en falta e cuxo traballo en Vigo non a deixa vir a vernos.Esperamos que vos chegasen as nosas postais, que vos gustaran e.....a ver se nos contestades!!!
xoves, 18 de decembro de 2014
DECORANDO O NADAL.
Este ano, os nenos/as de cuarto, fixeron múltiples e preciosos traballos en Plástica coa profe Puri. Comigo,que non son moi experta nas manualidades, optamos por unha estrela para a árbore e unha felicitación moi sinxela. Xulgade vós mesmos!!!!
mércores, 17 de decembro de 2014
ANTES DE QUE ACABE O OUTONO.
Os nenos e nenas de cuarto de Primaria fixeron unhas estupendas poesías sobre o outono e antes de que remate esta melancólica e chuviosa estación, aquí volas presentamos.
martes, 16 de decembro de 2014
ANTES DE QUE CHEGUE O INVERNO.
Veredes; pensei en facer un divertido Brincaletras para repasar o vocabulario de outono e pasalo ben aprendendo; e así o fixen (bueno xa xulgaredes vós se aprendedes e resulta divertido).
O problema veu cando quixen publicalo para que o virades todos. Foi unha gran odisea!!!
Molestei a amiga Ana Martínez para preguntarlle, á profe Vane, que a súa vez falou con Belén Junquera, consultei coa teacher María..... e por fin, grazas a todas, aquí está a obra rematada.
Está publicado grazas a que Belén Junquera subiu o traballo ao seu dropbox, porque o meu (ao ser recente non ten carpeta pública e para creala teño que pagar).Cóntovos isto porque dín tantas voltas que necesito dicírvolo!!!
De todas maneiras se alguén se lle ocorre como solucionar esto, dicídemo por favor, porque pode existir unha maneira e eu non a coñezo. Grazas.
luns, 15 de decembro de 2014
COMO A VIDA MESMA (VII) (2014-2015)
Xa deberiades saber que non son moito de modas pero, ás veces, non se pode pechar os ollos ás evidencias. Hoxe , na nosa sección, aparece o famoso vídeo dunha empresa sueca de mobles que está causando furor nas redes sociais convertídose en viral ( Vídeo viral: gravación que foi amplamente difundida a través de Internet).Vino xa nalgún blogue , como o da nosa amiga Ana Martínez (Aula Tic ) ou no doutra amiga, Natalia Longo (Orientacióncondesa).Ademáis de falalo entre os profes durante a comida .
En fin, que invita á reflexión e ten varias lecturas.
Cal sacas ti?
domingo, 14 de decembro de 2014
xoves, 11 de decembro de 2014
PRIMEIRA SAÍDA.
No mes de novembro realizamos unha saída a Pontevedra para ver "Antía, Wamba e o regato pequeno". Fomos cos nenos de 3º do noso cole e cos mesmos cursos do centro de Soutelo. Pasámolo xenial!!!
Como testemuña unhas fotos e unhas crónicas.
mércores, 10 de decembro de 2014
DEREITOS HUMANOS.
O 10 de decembro de 1948( en París) foi asinada polas Nacións Unidas, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Redatárona representantes de todas as rexións do mundo e abrangue todas as tradicións xurídicas. Velaquí un vídeo que o explica.
Se premedes sobre a seguinte imaxe poderes ver toda a Declaración e os seus 30 artigos.Tamén vos deixo un resumo.
Se premedes sobre esta imaxe iredes á entrada do ano pasado onde hai xogos interesantes.
luns, 8 de decembro de 2014
COMO A VIDA MESMA (VI)(2014-2015).
domingo, 7 de decembro de 2014
CAEN AS FOLLAS.
Desde a Biblioteca Escolar do noso centro propuxéronnos realizar unha decoración de outono tendo como base unha folla de cartulina. Mirade o que veu das casas dos nenos/as , que boa man teñen estas familias. Aquí queda unha presentación coas follas de 4º , pero non me puiden resistir a subir algunha foto doutros cursos porque merecen moito a pena.
venres, 5 de decembro de 2014
E PERELLA CONTESTOU.
Estivemos moi atentos estes días para ver se Perella atopaba un oco entre as súas múltiples actividades e contestaba ás cartas enviadas. E así foi, enviou dúas misivas; unha para Ana, que veu no sobre dos nenos/as de 4º (esta Perella é moi aforrativa, jejeje) e outra para a nosa compi, Diana (que tamén lle escribira).Alegrámonos moito de ter novas súas ; pediu máis ideas, pero polo de agora estamos á espera.
mércores, 3 de decembro de 2014
DISCAPACIDADE=IGUALDADE.
Imaxe obtida na rede.
O día 3 de decembro celebramos o Día Mundial das persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión destas persoas na sociedade. O tema de 2014 é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía".
Na súa mensaxe o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, ínstanos a que " fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias."
Todos temos calidades excepcionais e todos necesitamos axuda en ocasións. Non somos tan diferentes, non cres?
luns, 1 de decembro de 2014
COMO A VIDA MESMA (V) (2014-2015)
Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a Sida e quero facer mención diso na nosa sección, xa que é unha enfermidade epidémica que existe no mundo e cobra moitas vidas.
Interésame ,fundamentalmente, que reflexionedes sobre a frase do cartel (non se refire só á sida) senon ao estado de saúde que pode ter calquera persoa. Non discriminemos por razón de raza, sexo, relixión, ideoloxía... pero tampouco demos de lado a alguén que está enfermo.
A maioría das enfermidades non se escollen, e se foses ti?