luns, 17 de novembro de 2014

COMO A VIDA MESMA(III)(2014-2015)

Hoxe na nosa sección, aterra un audioconto que atopei no blogue "Soñando Cuentos". Trátase  de "La gran fábrica de las palabras" de Agnès de Lestrade, deliciosamente ilustrado por Valeria Docampo. Esta fermosa historia, que se mal non recordo nos trouxera Diana á clase unha vez,narra de maneira delicada o que pasa nun país onde xa case non se fala. Os cartos  parecen manexar as situacións e  por ende,os vocablos que se poden pronunciar. Escoitade atentamente  e descubride  o poder da palabra que se di no momento axeitado.

10 comentarios:

  1. É un conto moi fermoso. A min gústame moito. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Ol profe
    gustume moito o conto pero..que leccion nos enseña?Ningunha?

    ResponderEliminar
  3. A min tamén me parecemoi lindo. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Todas as historias nos ensinan algo, Ana, temos que saber profundizar e sacarlle partido para a nosa vida. Dálle outra voltiña e falámolo.

    ResponderEliminar
  5. vale profe,ao mellor entendoo.

    ResponderEliminar
  6. Xenial!!!Pero falarémolo en calquera momento, vale?

    ResponderEliminar
  7. Profe eu teño ese mesmo libro na miña casa , eu creo que enseña que as palabras son moi importantes e que non fariamos nada sen elas . Se queres levoo ao cole o luns !! ;)

    Son Diana

    ResponderEliminar
  8. Xa o puxen na entrada, Di, que parecía que ti o trouxeras á aula.Se o queres traer, perfecto. Podemos miralo na "Hora de ler". Graciñas.

    ResponderEliminar
  9. Ola profe.
    Xa sei que nos ensina:que ahí que decir as palabras adecuadas no momento adecuado,entendino porque Diego dile a nena `mas´cando lea le da un beso, estalle diciendo que ele de mías besos, non?

    ResponderEliminar
  10. Podemos sacar varias aprendizaxes do conto, esa que dis, Ana, é unha delas.

    ResponderEliminar