Imaxe obtida no blogue El rincón de Infantil.
Onte celebrouse, a nivel mundial, o día das persoas con idade sendo o tema deste ano: "Non deixar a ninguén atrás: promoción dunha sociedade para todos". Según o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, as persoas de idade contribúen de distintas maneiras ao desenvolvemento económico e social. Non obstante, ségueselles discriminando e excluíndo da sociedade.Debemos superar estes prexuízos para conseguir que a poboación sexa activa social e economicamente, estea protexida e envelleza de forma sa.
Como o Día dos Avós se celebra tradicionalmente o 26 de xullo (e nos colle de vacacións) quero aproveitar este día para ensalzar a figura dos queridos avós, que tanto queren e miman aos netos. Unha figura que irradia amor e sabedoría, que cría e aloumiña, que ensina, que vale. Uns seres entrañables que se desviven por facer a vida agradable e que so piden a cambio un pouco de atención. As veces necesitan axuda e coidados pero...quen axudou e coidou aos nosos pais? E a nós?
Gozade dos vosos avós, como eu fixen cos meus; escoitádeos, son a voz da experiencia; deixádevos guiar por eles, xa educaron antes e dádelles a man para camiñar, ás veces necesítano.
Respecto sempre polas persoas de idade.
Aquí vos quedan unhas lecturas que tratan sobre os avós. A ler!!!