sábado, 13 de setembro de 2014

MAXIA

O 13 de setembro de 2006 celebrouse por primeira vez, a nivel mundial, o día de Roald Dahl. A partir dese momento, conmemórase  realizando actividades arredor da figura e a obra do autor durante o mes de setembro (e  incluso nos meses seguintes).
Pero como, que non sabedes quen é Roald Dahl? Tal vez se vos falo dunha rapariga moi imaxinativa chamada Matilda, de  James e o seu melocotón xigante ou de cando Charlie visitou a fábrica de chocolate de Willy Wonka vos sone un pouco máis. E para os que queirades coñecer máis desde magnífico autor, aquí vos deixo  un enlace que atopei  en Docentes para el fomento de la lectura.
Polo de agora nada máis. Paréceme un  tema interesante para xogar por puntos. Pero como, que non sabedes o que son os puntos?Tranquilos chicos/as, xa nos poñeremos ao día!!!!


2 comentarios:

  1. Graciñas pola información, Anabel. Non sabía deste día. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. De nada, Ana. Buceando pola rede atopas cousas interesantes.Un bico.

    ResponderEliminar