Onte celebramos anticipadamente o día das Letras Galegas no cole. Baixo o lema "A nosa lingua, o noso tesouro" os Equipos da Biblioteca e de Normalización pedíronnos palabras que representasen a nosa lingua, que nos gustasen, e fixemos entre todos unha bonita composición.
No salón de actos gozamos de vídeos e cancións que fixeron noutros coles na honra do homenaxeado do día: D Xosé María Díaz Castro. Rematamos da mellor maneira posible, cantando o noso himno. Himno símbolo e esencia de Galicia, profundo e vixente sempre, sinal dun pobo, identidade dunha alma.
E como homenaxe propio as nosas letras, ao noso idioma e ao noso sentir quero deixarvos a Celso Emilio Ferreiro e o seu "Deitado frente ao mar".
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Moi feliz día, Anabel!!!!! Nós todavía celebrarémolo o martes. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas, Anapero que teñades unha gran celebración.Un bico.
ResponderEliminar