martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA.

Imaxe obtida na páxina de Nacho Brunt  (nocturnar)

O Día  da Terra  celébrase o 22 de abril en moitos países do mundo. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, produción da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.
Temos un fermoso Planeta ,cedido durante uns anos para uso e disfrute noso e dos nosos, pero non debemos esquecer que é de prestado. Uns estiveron antes e outros virán despois; que queremos deixarlles en herdanza?Se a Terra é o noso fogar por que non o tratamos como tal?
Na páxina das Nacións Unidas tendes información sobre a celebración deste día.
Neste vídeo que atopei no Youtube vemos a importancia que ten o noso Planeta.
 
Fernanda Avalo fálanos de como coidar o medio ambiente.
Nesta páxina do goberno  de La Rioja , sobre medio ambiente, atoparedes divertidos materiais descargables  e enlaces de interese con máis xogos.

2 comentarios:

  1. Unha boísima e completísima entrada, Anabel chea de moi bos recursos para traballar unha data tan importante. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana. A ver se somos capaces de aplicar algo do aprendido de maneira diaria e ista vai collendo camiño. Unha aperta.

    ResponderEliminar