martes, 18 de marzo de 2014

RECITADO,RECITANDO; A GLORIA FUERTES,GOZANDO.

Esta semana preséntase como unha das máis poéticas do ano. Sabedes por que?
O vindeiro venres celebraremos o Día da Poesía, escollido pola UNESCO "para reflexionar sobre o poder da  linguaxe poética e o florecemento das capacidades ceadoras de cada persoa".
Pois para celebralo imos sacar do baúl dos recordos unhas gravacións realizadas no curso pasado sobre os poemas de Gloria Fuertes que máis vos gustaran. Lembrádesvos de cales eran?
Isto pode servirvos de recordatorio.
Ofrecemos  unha parte , haberá máis!!!
Grazas á profe Vane por maquetarnos o  traballo  se non....non quedaría tan vistoso!!!!

4 comentarios:

  1. A montaxe do video é fantástica e o recitado dos raparigos non se queda para nada atrás. Moi bo traballo! Noraboa! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Ana. O vídeo é todo mérito da profe Vane, que é a que controla do tema, e o recitado dos neos/as.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Nesta semana tan especial non podiades esquecer a Gloria Fuertes!!!! Parabéns para Candela, Inés, Eva, Lorena, Sabela e Mario o fixéstedes xenial.

    ResponderEliminar