sábado, 15 de marzo de 2014

OUTRA DE PUNTOS.

Estiven pensando que esta vez o premio dos puntos vai chegar ao conseguir 20. Que vos parece?Para iso  quédanos unha nova entrega de 5 puntiños nada máis. Nesta ocasión estarán baseados no apartado do blogue "Como a vida mesma".


Arrancamos!!!

1. Inaugurou a sección un chiste
   -De quen?
   -A que se dedica e en que ano naceu esa persoa?
   -Nomea tres xornais ou revistas onde traballara.

2. A segunda convidada foi unha chica
   -Cal é o seu nome?
   -Como se chama o seu blogue?
   -Cal é o tesouro de Nacho?

3. Na terceira entrega...    

   -Quen é o autor invitado?
   -Cando e onde naceu?
  -Como se titulan as súas dúas únicas novelas para adultos?
4. No apartado cuarto aparece "Los clavos en la puerta".
   -Le a historia e escribe todas as ensinanzas  que podes obter do relato.

Creo que esta vez son faciliños, non si?  
Tedes de prazo de entrega ata o luns 24 de marzo.
 E despois......RECOMPENSA!!!

2 comentarios:

  1. Co traballadores que son seguro que todos acadan o máximo de puntos ji ji Unha aperta e bo domingo.

    ResponderEliminar
  2. Iso espero,Ana. Biquiños e bo domingo para ti tamén.

    ResponderEliminar