luns, 3 de xuño de 2013

ARTESANÍA DE GALICIA.

Hoxe foi un día moi artesán no  cole. Dentro do noso Proxecto Documental Integrado  tivemos unha xornada de obradoiros sobre tres oficios tradicionais galegos.  O zoqueiro Alberto Geada
 sorpendeunos coa súa maxistral feitura de zocas e explicounos moitas cousas arredor do seu oficio.
O señor Gustavo, o cesteiro, e o seu axudante, Manuel, ensináronnos como facer un cesto. E.... xa se sabe , o que fai un cesto fai un  cento!!!
Para rematar ben a tarde estivemos no obradoiro de José Villar que nos dixou facer pulseiras de coiro.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA SÚA SABEDORÍA E BO FACER!!!

4 comentarios:

  1. Sen dúbida unha gran experiencia. Menuda sorte tivéchedes!!!!!!! Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. A sabiduria e o mellor aliciente q poden ter os nosos nenos,se segen asi van ser un gran grupo de bos profesionais,,suerte e animo pequenos q sempre e bo aprender algo novo.a nai d santi

    ResponderEliminar
  3. Estivo moi ben porque aprendemos una morea de cousas. Foi una gran sorte. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Lola, tes toda a razón. Foi un día moi intenso no que todos aprendemos
    un montón. Moitas grazas polo teu comentario.

    ResponderEliminar