Ola chicos!!! Creo que case todos conseguistes os puntos da vez anterior. Queredes outra posibilidade para conseguir outros cinco? Pois veña; mans á obra.
Seguimos con datas do mes de abril.
1. Nesta semana celébrase algo importante o día 23.
-Que se conmemora?
-Por que se escolleu ese día?
-Escolle un autor que che guste e busca a súa data e lugar de nacemento. Escribe tamén tres das súas obras.
2. O 25 de abril, estreouse a ópera "Turandot".
-De que ano?
-Quen é o seu autor?
-En que teatro se estreou?
-En que lugar?
-Escribe tres obras máis deste xenial autor.
Bueno por esta vez creo que é suficiente. Entregádelle o traballo á profe a máis tardar o luns 29 de abril.
Hai uns puntiños en xogo, a por eles!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario