domingo, 3 de marzo de 2013

A FADA PERELLA ATACA DE NOVO.

Ola, chicos !!! Canto tempo sen ter noticias  miñas ; non si?
O certo é que estiven moi atarefada  levando maxia e ilusión polo mundo adiante pero xa tiña gañas de falar con vós.
Sei por un paxariño que  tendes montado en clase un xogo de puntos que da boas recompensas e tamén me enterei de que estades a voltas co proxecto dos labregos. Pois ben, pensei nun  xeito de xuntar as dúas cousas.  Que vos parece?
Permanecede atentos ao blogue e enterarédesvos de como conseguir os seguintes 5 puntos.

Se queredes amiguiños,
cinco puntos conseguir,
permanecede atentos;
habédesvos divertir.


9 comentarios:

  1. profe anabel pareceme moi ben a idea da fada perella un bico paula campos
    04/03/2013

    ResponderEliminar
  2. Ai, Pauliña, eu non che sei. Mira que esta fada é un pouco rebuldeira. A ver con que nos sae esta vez.

    ResponderEliminar
  3. A min como dixo Paula C tamen me gustou a idea da fada Perella A ver a que se atrevera esta vez¡ Diana

    ResponderEliminar
  4. Bueno, Diana,é cuestión de esperar.En calquera momento,salta a lebre!!!

    ResponderEliminar
  5. Eu tamen estou esperando ver o que nos trae a fada perella.un bico.Paula P.

    ResponderEliminar
  6. Eu tamen estou agardando ver o que nos trae a fada perella penso que vai ser divertido.un biquiño.Paula P.

    ResponderEliminar
  7. eu vou estar atento.Brais

    ResponderEliminar
  8. A ver cando di algo esta fada,Brais.

    ResponderEliminar