Ola ,chicos!!!Son eu, a fada Perella.
Sabedes que día celebramos o 8 de marzo? Efectivamente, o Dia Internacional da Muller. Xa sei que foi o venres pero como xa me coñecedes, sodes sabedores de que non son moi partidaria dun día sinalado no calendario: Día da Muller, do Neno,da Paz, da Auga, dos Avós, das Enfermidades Raras.... Todas estas celebracións para min son diarias.Necesitamos ser conscientes todos os días das nosas vidas das cousas importantes que nos rodean.Dito esto, non temos por que non celebrar determinadas cousas unha vez ao ano; ainda hai moitas cousas que cambiar.Todo iso está nas vosas mans porque vós sodes o futuro.
Bueno, que vos parece se para conmemoralo facemos algo e gañades 5 puntos. Animádesvos???
Xa sei que temos pendente outros puntos pero mentres remato o que estou preparando podemos xogar con esta data.
Teredes que contestar ás seguintes preguntas e entregarlle as contestacións á profe Anabel. Tedes de prazo ata o venres 15 de marzo. Non esquezades que a biblioteca pon á vosa disposición dous ordenadores no recreo e alí tamén podedes atopar a información.
Preguntas:
- Que conmemora o Día Internacional da Muller?(Busca antes no dicionario o significado de conmemorar)
-En que ano proclamou a Asemblea Xeral da ONU o Día Internacional da Muller Traballadora?
-Busca o significado da palabra sigla e pon ti un exemplo.(Recorda que neste blogue tes dicionario)
-Que significa a sigla ONU? En que ano foi fundada e onde?(Recordade que no blogue tedes buscadores, se poñedes ONU no Google Kids...ao mellor tedes sorte)
Bueno.......vale...., vouvos deixar un enlace para facilitarvos o traballo a ver se sodes capaces de facelo solos.A traballar!!!