O mércores,20 de febreiro,realizamos unha saída a Santiago os cursos de 3º, 4º,5º e 6º de Primaria.Como o noso Proxecto Documental Integrado vai sobre os oficios tradicionais galegos a primeira visita realizámola ao Museo do Pobo Galego, onde hai material diverso sobre os oficios.Os de 3º fixemos un xogo de pistas por todo o museo cos nenos de 4º.Rematada a visita puxemos rumbo á Cidade da Cultura ,onde nos explicaron moitas cousas sobre ela e vimos a exposición Gallaecia petrea. Despois de xantar, voltamos ao cole con gañas de repetir experiencia.
mércores, 27 de febreiro de 2013
luns, 25 de febreiro de 2013
A AUGA (II).
Volvo a recurrir a Mercedes Serna para ofrecervos un novo test; esta vez sobre a auga. A ver o que estudastes!!!
OS ESTADOS DA AUGA.
No Tema 9 de CM estamos aprendendo cousas moi interesantes sobre a auga.Aqui vos deixo un vídeo resumo que atopei nun blogue chamado Los PEQUES de Primaria:
domingo, 24 de febreiro de 2013
ROSALÍA DE CASTRO.
Hoxe , 24 de febreiro, recordamos o nacemento da insigne escritora Rosalía de Castro.Muller fráxil e valente, creou na nosa lingua nunha época difícil para o noso idioma.Como estamos traballando a biografía e, en concreto, a desta poetisa,deixovos un enlace que vos pode ser útil á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Preme na imaxe para ver a súa biografía.
mércores, 20 de febreiro de 2013
AS PLANTAS(II).
luns, 18 de febreiro de 2013
AS PLANTAS.
Por que non xogamos a clasificar talos? Na páxina de la Junta de Extremadura aparece un gracioso lince que nos convida a realizar diferentes actividades. Que vos parece? Xogamos?Premede pois.
domingo, 17 de febreiro de 2013
DÍA DOS NAMORADOS.
Para celebrar este día tan especial a nosa biblioteca tivo unha brillante idea : realizar cartas de amor sobre pezas de roupa e así construir un Tendal Namoradeiro.
Parece raro pero ten a súa explicación: como xa sabedes dentro do noso Proxecto Documental Integrado estamos traballando os oficios tradicionais galegos e as costureiras que ían de casa en casa contribuían co seu arte, non solo a remendar roupa senon tamén corazóns feridos.Polo tanto uniuse un oficio cunha data importante para o amor e.... saiu este marabilloso tendal!!!!
Premede na imaxe para visitalo no blogue da nosa biblioteca.
sábado, 16 de febreiro de 2013
PROXECTO GLORIA FUERTES.
Quero comunicarvos a todos/as unha noticia francamente grata: o Proxecto Colaborativo Internacional libro Virtual Gloria Fuertes obtivo o distintivo Buena PrácTICa Lectora , que concede o INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado).
luns, 11 de febreiro de 2013
ENTROIDO 2013(III).
Aquí vos queda un pequeno resumo do que fixemos neste tempo de festa. Fundamentalmente,pasalo ben!!!
venres, 8 de febreiro de 2013
DOCE TARDE DE INVERNO.
Fora chove e vai frío;un frío que chama pola neve febreiriña pero que solo se queda en chamada,unha choiva continua e por veces intensa, que nos recorda a sorte que temos de estar ao enxoito.Con este panorama unha boa opción é poñerse aos fogóns e facer......unhas saborosas filloas!
Como estamos na semana do Entroido e nos invitaron os Picariños de 5 anos decidimos pasar parte da tarde en Infantil aprendendo a facer este postre.Primeiro, elaboramos a receita e copiámola; despois, fixemos o amoado,pasamos pola tixola e......saíron de rechupete!!!Temos que darlle as grazas aos Picariños e a súa profe Vane, pero sobre todo, a Marta,que foi a encargada da tixola e a que fixo posible que puidésemos degustar o traballo final.
Foi unha tarde inesquecible!!!
xoves, 7 de febreiro de 2013
ENTROIDO 2013.
Pois si, o Entroido dou e está a dar,moito de si.
No cole comezamos coa semana do Meco.
Aquí queda un exemplo da súa evolución.
luns, 4 de febreiro de 2013
TRABALLOS SOBRE A PAZ.
Este é o resultado do voso traballo sobre o tema por excelencia da semana: a Paz.
domingo, 3 de febreiro de 2013
DEPORTE ESCOLAR.
O martes,29 de xaneiro,cun día totalmente desapacible,dirixímonos ao circuito da Madalena (Soutelo de Montes) para celebrar o cross cos colexios da nosa zona.Despois de aplazar o evento unha morea de veces, non se podía dicir que non,aínda que o día fose máis axeitado para tomar un chocolatiño quente a carón do lume.Bueno, o chocolate non faltou nin tampouco o vento, a choiva, algún que outro codazo....
En fin, cousas do deporte!
En fin, cousas do deporte!
venres, 1 de febreiro de 2013
RETALLOS DO DÍA DA PAZ.
Como xa sabedes o mércores celebramos no cole o día da Paz.Foi un día intenso e con moitas actividades.Como a profe Vane maquetou o vídeo da vosa gran actuación co profe Toño deixovolo aquí para que poidades gozar del.
Coreografía de percusión con palillos (adaptación dunha proposta de Susa Herrera, profesora de maxisterio de Pontevedra).A obra está baseada na poesía de Gloria Fuertes "Solo tres letras".