xoves, 12 de xullo de 2018

FELICES VACACIÓNS!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Creo que máis ou menos rematei de contarvos todo o que fixemos este curso. Bueno, todo, todo... non; que algunha cousiña se ten que quedar para a nosa aula!!!
Nesta entrada mostrareivos as recomendacións lectoras que fixeron  os alumnos/as de 1º . Tede en conta que escolleron os libros que máis  lles gustaron ao longo do curso pero que , dependendo do momento, fixeron diferentes fichas.
Tamén vos deixo, como despedida, unha pequena presentación, con traballiños que quedaran sen contar.

Deséxovos unhas estupendas vacacións a todos/as para que gocedes do lecer, da familia e dos amigos. Recargade ben as baterías para poder empezar o novo curso con moitas gañas e forzas renovadas. Eu creo que, sen que sirva de precedente, seguirei o meu propio consello  e intentarei descansar.
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!
INICIANDO DESCONEXIÓN...

luns, 9 de xullo de 2018

MV (VI).

O duende perdido.
Xa solo nos quedan as últimas experiencias por mostrar. Poñede atención!!!
O único que vos podemos mostrar de Alejandra é o seu Atrapasoños e a súa interpretación do conto "Hay que soñar mucho"
Alexander gozou do seu maletín e fíxonolo saber a través de fotos.
Tocoulle  o conto "Las alas del sueño" e esta é a súa manualidade.
Natalia trouxonos unhas fotos e o seu collage de "Las sombras de la noche".
Xeila falounos moi animadamente de "Los despistes de don Sueño" e ensinounos o seu Atrapasoños
Este é o seu precioso collage.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN!!!

domingo, 8 de xullo de 2018

HORA DE LER (V).

Michu lendo  "Fantasía en poesía".
Aínda nos quedaban uns traballiños sobre o libro de Marisa Alonso e Elizabeth Aquillón, "Fantasía en poesía". Velaquí o que faltaba.
Alejandra decidiu recitar "El gato enamorado".
Alexander escolleu "La ballena viajera"  para copiar e decorar.
Natalia decorou "Conejito" e preparou a lectura.
E por último, Xeila que quixo  copiar "A araña Maraña" para despois retratala coa súa tea. Tamén preparou a lectura para todos nós.
Montaxes realizadas con Pizap.
Obtidos no canal de Youtube de Anabel García.
GRAZAS MARISA ALONSO POR TAN FANTÁSTICAS POESÍAS!!!

sábado, 7 de xullo de 2018

MV (V).

Imos seguir vendo os resultados dos nosos Maletíns Viaxeiros.
Ainoa fixo así de contenta a súa exposición.
Unhas cantas fotos do acontecido na casa.
E como o seu conto era "El cazasueños" a súa interpretación do mesmo non podía ser outra.
Luis ensinou todo o que fixera na casa coa súa familia.
Non poñemos fotos porque saen persoas alleas pero si o seu precioso collage sobre "Los duendes aspirasonrisas"
Aarón tamén expuxo o seu traballo e ensinou o seu Atrapasoños (que era voluntario).
Mandáronnos da súa casa unha morea de fotos pero non me quedan ben na montaxe. O que si queda monísima é a ovella Betuna, a prota de "La oveja negra"
A Diego tocoulle "La muñea quitapenas" e así nos contou a súa experiencia.
A súa boneca quitapenas vese así de bonita.
(Por certo, Diego trouxome a proba do seu pastel de estrela. Grazas familia, estaba delicioso!!!)

Noutra entrada ,todo o que falta.

venres, 6 de xullo de 2018

POESÍA NO AR.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Con motivodas Letras Galegas traballamos a figura de Mª Victoria Moreno e coñecemos algo das súas obras. Inspirándonos nela creamos estas pequenas poesías.
Tamén fixemos na aula un obradoiro de  creación poética. Escollemos un tema entre todos; a primavera. Despois, buscamos palabras relacionadas co tema e fomos buscando algunhas rimas. Por grupos reducidos, creamos unha estrofa. Tras a posta en común, escollemos o título por votación entre varias das súas propostas.
Este foi o resultado. Todos escribiron o mesmo poema pero interpretárono de maneiras diferentes.
A ver se vos gusta!!!