domingo, 29 de novembro de 2015

HORA DE LER (II).

Esta semana temos como protagonista na nosa "Hora de ler" a Beatriz. Ela quixo presentarnos  o libro  "21 historias de la granja" pero como ten moitos contos, decidiuse polo de "Gaspar , el gallo".
Esta historia non puiden  atopala en vídeo pero sí que encontrei o conto de El gallo Kirico, no blogue de Javier Merchante, El maestro cuentacuentos. Que vos guste!!!

mércores, 25 de novembro de 2015

APÚNTATE AO BO TRATO!!!

Imaxe atopada no blogue El rincón educativo.

O 25 de Novembro é un deses días que non debería existir no calendario porque nos recorda que no mundo hai moitas persoas que non saben tratar aos demais.
Como a nós non nos gusta que nos mal traten, debemos facer todo o posible por dispensarlle aos outros o mellor trato que saibamos dar.
Para a erradicación de toda violencia debemos esforzarnos en educar para o bo trato e para a igualdade de xénero, sempre desde a tolerancia e o respecto alleos.
Aquí vos deixo o Decálogo para o bo trato de María Soledad Ortiz Barragán dentro do Programa-Guía para el Desarrollo de competencias emocionales, educativas y parentales. (Servicios Sociales de Tocina-Los Rosales (Sevilla).
E para traballar a igualdade de xéneros este fantástico conto "Los colores" de Nunila López Salamero e ilustrado por Myriam Cameros Sierra.Pertence ao libro Cuentos para antes de despertar
e presentanos unha visión diferente do mundo.
APÚNTATE AO BO TRATO!!!

domingo, 22 de novembro de 2015

CELEBRAMOS A MÚSICA.

O 22 de novembro  celebramos a festividade de Santa Icía, patrona dos músicos e dos poetas. Para festexar a data , deixovos  esta particular orquestra que recollín do blogue da nosa amiga Blanca Lafarga, Escuela infantil castillo de Blanca.
Podedes facer as vosas propias composicións: escoitar os instrumentos por separado, por parellas, todos xuntos.... e solo cun clic. Iso si, teremos que convencer a algún dos músicos de que ten que deixar de fumar porque é moi malo para a saúde.
Tamén vos deixo este vídeo cunha adaptación ao Rock de pezas clásicas (As Sinfonías 5ª e 9ª de Beethoven e O vo do moscardón de Rimsky Korsakov). Espero que o gocedes!!!

venres, 20 de novembro de 2015

DÍA DO NENO E DA NENA.

Imaxe obtida de http://mundoimagenes.org/

O 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo  recordarlle á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran.
(Texto de https://www.unicef.es/infancia/derechos-del-nino/dia-internacional-nino)
Para coñecer cales son eses dereitos mirade esta presentación e escoitade a canción:
(Obtido en Youtube- LhulitaArg)
(Obtida en Youtube- Familias fuertes)
Tedes máis información e xogos nas entradas dos anos anteriores:
-Entrada do 2013.
-Entrada do 2014.
- E na páxina do amigo Antonio López. Clicade sobre a imaxe para acceder.

mércores, 18 de novembro de 2015

COMEZAMOS A "HORA DE LER".

Como en anos anteriores seguimos coa nosa "Hora de Ler". Xusto cando entramos do recreo da tarde temos eses 20 minutiños reservados á lectura.Como sempre me deu moi bo resultado, imos seguir traendo libros da casa para formar a nosa biblioteca de aula e aproveitaremos para lerllos aos  nosos compañeiros/as. 
Estreouse na actividade Cristina que nos trouxo un libro de Caillou. Nesta historia, o noso amigo, debe recoller os seus xoguetes se quere gozar dalgo que lle gusta de verdade.
Montaxe feita con Pizap.

Deixovos a aventura en vídeo. Espero que a vexades....despois de ler o conto!!!