O 10 de abril , oa nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria, vivimos unha experiencia incrible na biblioteca: construímos e programamos un coche de carreiras con LEGO!
Hoxe é un día moi especial… é o Día do Libro e do Dereito de Autor! Sabes por que é tan importante? Porque os libros son como portas máxicas que nos levan a mundos cheos de aventuras, soños e aprendizaxes.
Este mes estamos celebrando a 3ª edición de “As familias tamén contan”, unha labor moi especial na que os vosos familiares veñen ao cole a compartir con nós un momento máxico: a hora de ler.
A finais do mes pasado fomos ata Vigo para asistir ao musical "La Bella y la Bestia". Había varios coles e un pouco de "caos" para entrar pero, unha vez acomodados/as, puidemos gozar do espectáculo prometido.
Saco un oquiño para facer o que vos prometín. Neste blogue hai moitas entradas sobre o Sistema Solar nas que poderedes gozar da información, vídeos e xogos que se comparten. Tamén recadar a información necesaria para elaborar os vosos traballos sobre os planetas.