Recén comezado o outono, que vos parece se rememoramos o xa estrañado verán? Farémolo da mans das letras do alumnado de 2º de primaria, que fixo unhas redaccións que contan o ben que o pasaron na estacion estival.
Todo estaba preparado para recibir aos 15 perelliños que este curso van habitar a aula de segundo. Chegamos á clase cheos de nervios, coas mochilas cargadas de libros, materiais e ilusión. E que nos atopamos?
Despois dun (non sei se merecido) pero si necesario descanso, estamos outra vez por aquí. Mañá será un gran día e teremos moitas cousas que contar. Por iso, xa está todo preparado para recibirvos como vos merecedes.