domingo, 31 de decembro de 2023

DESPEDINDO O ANO 2023

Imaxe de Oleg Gamulinskii en Pixabay.com
O ano 2023 chega ao seu fin e temos que despedilo da mellor das maneiras posibles.A música sempre é unha boa compañeira de camiño e se nos vale para expresarnos, mellor que mellor.

sábado, 30 de decembro de 2023

DÍA DE CINE.

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Imos a contar algunha das últimas actividades que fixemos neste remate de trimestre.

mércores, 27 de decembro de 2023

XOGAMOS? (ESPECIAL NADAL).

Imaxe de Sabine Kroschel n Pixabay.com
Como van esas vacacións,ben? Iso espero.Seguro que tendes moitas actividades que facer e xogos por descubrir pero, se vos aburrides nalgún momento, podedes botarlle un ollo a estes pasatempos que vos deixo. A seguir gozando!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

BOAS FESTAS! (2023),

Imaxe de Elisa en Pixabay.com
Estimadas familias, que teñades unha marabillosa noite e un precioso día de Nadal.
Nestas datas, máis que nunca, amor e paz.

sábado, 16 de decembro de 2023

XOGAMOS? (III).

Imaxe de Alicja en Pixabay.com
Antes de chegar ás vacacións imos ir quentando motores cuns xoguiños de Mates. Parécevos?

martes, 12 de decembro de 2023

CALENDARIO DE NADAL.

Imaxe de Bella H en Pixabay.com
Como todos os anos, chegado decembro, dende a biblioteca crease o Calendario de Advento. Este curso, decidiuse que fose unha tarefa familiar, e grazas á gran colaboración da nosa comunidade educativa, o calendario de Advento mudou a un de Nadal. Así tod@s os participantes voluntarios teñen cabida neste fermoso proxecto!

sábado, 2 de decembro de 2023

EN DECEMBRO...

Imaxe de Julita en Pixabay.com
Comezou o mes de decembro e con el o furor do Nadal. Polo tanto todo o mundo "on" en panxoliñas e adobíos varios. Que non se diga que non somos de festa!

venres, 1 de decembro de 2023

CHEGOU SANTA!

Imaxe de Clker -Free-Vector-Images en Pixabay.com
Coa chegada de decembro tamén aparece o tradicional xogo "Segue a Papá Noel" de Google. Coma todos os anos compártovolo por se queredes xogar con el algún día que o tempo estea desapacible e vos aburrades na casa.
COMEZA A CONTA ATRÁS!

xoves, 30 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO-SAMAÍN(II) !(2023)

Imaxe de Federico Maderno en Pixabay.com

Tamén, ese día, celebramos o magosto e puxémonos "finos" de castañas asadas. Despois xogamos a "Estoupa castaña" (onde a nosa Iria foi a gañadora do cole), "Encesta castaña(que gañou o noso Roi) e "Carreira de castañas". Podedes comprobar o ben que o pasamos nestas montaxes fotográficas.

martes, 28 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO-SAMAÍN(II) !(2023)

Imaxe de Nicole Dralle en Pixabay.com
Xa puidestes ver as fantásticas cabazas que trouxemos ao cole. Pois ao día seguinte fixemos unha super festa a onde viñemos caracterizados/as de monstros. Queredes velo? Abrindo ollos!!!

sábado, 25 de novembro de 2023

25N (2023)

Imaxe de Mafalda de Quino obtida na rede
Outro ano máis  estamos no 25 N e non parece que a cousa vaia a mellor. Penso que a base para intentar erradicar este problema social está na educación en valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia, o respecto...

luns, 20 de novembro de 2023

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (2023).

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Hoxe, como todos os 20 de novembro, celebramos o Día Mundial da Infancia. 

sábado, 11 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO- SAMAÍN !(2023)

Imaxe de Mayur Gadge en Pixabay.com
Aínda resoan os ecos da festa do Samaín que celebramos no cole. Este ano fíxemola canda o Magosto e foi moi divertida.

venres, 10 de novembro de 2023

XOGAMOS?(II).

Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
O outro día xogamos cos números. Que vos parece se hoxe nos dedicamos ás letras? Digo eu, que algún xogo divertido haberá.  Contádeme que vos parecen!

luns, 6 de novembro de 2023

LETRAS E NÚMEROS.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
No mes pasado compartinvos uns xogos matemáticos moi interesantes para traballar os números do 1 ao 10. Hoxe quería deixarvos os enlaces de onde obtiven as letras de repaso que levan os nenos/as na mochila.

xoves, 2 de novembro de 2023

EN NOVEMBRO...

Imaxe de Martina en Pixabay.com
Chegou o mes de novembro un pouco revolucionado. Aire, chuvia e cicloxéneses explosivas. Así , quen vai celebrar? Pois todos/as nós; que non se diga!

martes, 31 de outubro de 2023

FELIZ SAMAÍN!!

Montaxe realizada  en Canva
Esta noite é Samaín! Estades preparados/as para o que isto supón?

sábado, 28 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS (2023).

Imaxe atopada en  PREVENSYSTEM
O Día das Bibliotecas celebrouse o pasado 24 de outubro pero nós, no cole, esperamos ata o venres para festexalo rodeados da súa maxia.

martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS (2023).

Imaxe atopada no Facebook de Andana Editorial
Xa sabedes que temos entradas mensuais coas datas destacadas de cada mes pero hai algunhas que son especiais, e merecen ter unha entrada propia.

martes, 17 de outubro de 2023

XOGAMOS?

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Como nos imos adaptando a primeiro? Pois pouco a pouco.Intentamos ir aprendendo deseguido, en presa pero sen pausa,e se podemos xogar algo... Moito mellor!

xoves, 5 de outubro de 2023

EN OUTUBRO...

Imaxe de Jill Wellington en Pixabay.com
Debemos retomar o noso costume de revisar as datas importantes de cada mes porque o bo, non debe perderse. Este ano, asemade, vincularemos cada mes co nacemento dunha muller importante galega para aprender algo máis sobre aquelas que nos precederon.

xoves, 28 de setembro de 2023

DÍA DO PUNTO (2023).

Ilustración de Peter H. Reynolds
Como cada 15 de setembro celebramos na nosa aula o Día internacional do Punto. Este ano dunha maneira máis especial, xa que o libro cumple 20 anos. Premede na imaxe inferior para acceder páxina oficial.

luns, 18 de setembro de 2023

PRIMEIROS DÍAS.

Aula de 1º
O primeiro día de cole foi xenial! Todos/as estabamos felices de comezar, de vernos e de poder contar moitas cousas do noso verán.

luns, 11 de setembro de 2023

COMEZAMOS!!!

Montaxe realizada con Canva sobre imaxe de geralt en Pixabay.com
Hoxe, por fin, empezamos primeiro! Unido á ledicia de volver a atoparse cos compis,algúns deles que fai moito tempo que non se ven, tamén aparecen os nervios propios dun cambio de etapa, de curso e de mestra.

sábado, 9 de setembro de 2023

SETEMBRO OUTRA VEZ!

Imaxe de MabelAmber en Pixabay.com
Onde se foi o tempo que pasou tan rápido? Iso me gustaría saber a min. Supoño que andará no país dos recordos, se soubemos enchelo de fantásticas vivencias de verán e algún pululará polo recanto do tempo perdido (sempre se nos escapa algún). Sexa como fora, xa estamos en setembro e temos un novo curso esperando por nós.

xoves, 13 de xullo de 2023

ATA SETEMBRO!!!

Imaxe de Bibliotheek Bornem en Pixabay.com
Agora toca descansar, ler pasear...Espremer intensamente un verán que non volverá. Por iso non deixedes escapar ningunha oportunidade de pasalo ben, de aprender e aproveitade ao máximo todo o que a vida vos ofrece. Soa moi profundo pero chámase VIVIR!
Vivide a tope, meus nenos/as,non espero menos de vós!
Déixovos un pequeno agasallo para darvos as grazas. O importante xa o vivimos e o dixemos, iso queda para nós.

BO VERÁN! 
VÉMONOS EN SETEMBRO!

martes, 11 de xullo de 2023

REMATAMOS CURSO.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E como quen non quere a cousa chegou o final do curso; dun que estivo moi ben e foi exitoso para case todxs. (Recordade sempre que querer é poder e como mínimo, hai que intentalo).

venres, 7 de xullo de 2023

SAÍDA DE FIN DE CURSO (2023).

Imaxe de Wolfgang  Eckert en Pixabay.com
Como xa vai sendo hora de coller vacacións, imos ir contando as últimas actividades que fixemos para pechar este curso.

mércores, 5 de xullo de 2023

FESTA DO DEPORTE ESCOLAR (2023).

Imaxe de Med Ahabchane en Pixabay.com
Comezamos o mes de xuño coa festa do Deporte Escolar.

luns, 3 de xullo de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(IV).

Imaxe de Herbert Aust en Pixabay.com
Cóntovos hoxe, a última das visitas, pero non por iso menos importante.

sábado, 1 de xullo de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(III).

Imaxe de Qian Ti Yang en Pixabay.com
Tivemos máis lecturas durante abril.

xoves, 22 de xuño de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN(II).

Imaxe de André Santana en Pixabay.com
Seguimos parolando de familias e das visitas que nos fixeron durante o mes de abril para contarnos unha chea de historias.

luns, 19 de xuño de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Imaxe de Alex G. Ramos en Pixabay.com
En abril, con motivo da celebración do mes do Libro, a biblioteca propúxonos que as familias podían virnos a contar historias á aula. Fíxose dende ela unha invitación formal e a esperar.

xoves, 15 de xuño de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS(II) (2023).

Imaxe obtida na páxina de Cultura de Galicia.
Xa sei que estamos no remate do curso pero vós tamén sabedes que eu vou con retardo. Ando a mil por hora e non dou chegado a todo. Sígovos contando do festexo das Letras.

martes, 6 de xuño de 2023

MÁQUINAS.

Imaxe de 3209107 en Pixabay.com
Como falamos hoxe na clase, déixovos os vídeos de Curro e Pancha sobre as máquinas simples e compostas. Veña chicos/as, que falta pouquiño!!! 

luns, 5 de xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (2023).

Imaxe obtida en Ucaragón
O 5 de xuño é unha desas datas que deberiamos celebrar, concienciar, vivir....todos os días do ano! Se non coidamos o lugar onde vivimos, que podemos esperar? Por iso é tan importante estar en contacto coa natureza, vivenciala como agasallo e coidala como propia.

domingo, 4 de xuño de 2023

MANUALIDADES (III)

Imaxe de husnil khawatim en Pixabay.com
Seguimos falando de manualidades. Hoxe tócalle o turno á nosa cidade de inverno.

xoves, 1 de xuño de 2023

XUÑO.

Imaxe de Annie en Pixabay.com
"A sardiña en San Xoan xa molla o pan"
Estamos na recta última do curso! Con xuño chegan días de festa pero tamén o sprint* final. Imos ver que nos depara o mes onde o verán se fai presente.

venres, 26 de maio de 2023

VERBOS (II).

Imaxe de Vasiliu Gabriel en Pixabay.com
Como levades o estudo dos verbos? Creo que estes xogos que atopei vos poden axudar  e de seguro que vos gustan.
Xa me contaredes!

xoves, 25 de maio de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida na páxina cidadedacultura.gal
Este ano, coma sempre, comezamos a celebración das Letras co inicio do mes. Fixemos fichas, vimos vídeos, falamos... pero imos ir por orde!

luns, 22 de maio de 2023

PLANTAS.

Imaxe de vicznutz en Pixabay.co
Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa. 

sábado, 20 de maio de 2023

VERBOS.

Imaxe de Mahesh Patel en Pixabay.com
Como vos dixen o venres, cólgovos o vídeo con truqiños para aprender os verbos máis facilmente.Pero antes, repasemos as formas simples e compostas.

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS (2023).

Imaxe obtida en Primavera das Letras
Chegou o noso día!!! O dos galegos e galegas que amamos á nosa terra, a nosa lingua e a nosa cultura. Aqueles que sentimos orgullo do propio, acollemos o estranxeiro como riqueza e buscamos a dignidade do que outros pretenden erradicar.

xoves, 11 de maio de 2023

RECURSOS LETRAS GALEGAS( 2023).

Imaxe de "A primavera das letras"
Co mes de maio e as xestas chegan sempre as nosas Letras. Veñen cargadiñas de palabras, sentimentos e gañas de celebración. E para levala a cabo non veñen de máis uns recursiños que nos axuden coa tarefa.

domingo, 7 de maio de 2023

CON N DE NAI.

Imaxe de JackieLou DL en Pixabay.com
Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!

luns, 1 de maio de 2023

MAIO.

Imaxe  de rem734 en Pixabay.com
"En maio, inda a vella queima o tallo"

domingo, 30 de abril de 2023

SAÍDA A DOADE.

Réplica casa castrexa.(Imaxe de treintayseis)
Falamos do Día Mundial da Terra e poderiamos relacionalo directamente coa visita que fixemos xusto antes das vacacións ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón"en Doade (Lalín). Alí puidemos gozar das marabillosas "cousas de antes" e aprendemos como vivían os nosos antepasados. Eles si que sabían como reutilizar!

xoves, 27 de abril de 2023

A MATERIA (II).

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
E para seguir repasando, Curro e Pancha fálannos das fontes de enerxía, da luz e do son. Pero que guapis e churruscos son!!!

domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO (2023).

Cartel deseñado por Ester García
Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, data decretada pola UNESCO para axudar ao fomento da lectura e dar a coñecer os dereitos dos autores.