xoves, 30 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO-SAMAÍN(II) !(2023)

Imaxe de Federico Maderno en Pixabay.com

Tamén, ese día, celebramos o magosto e puxémonos "finos" de castañas asadas. Despois xogamos a "Estoupa castaña" (onde a nosa Iria foi a gañadora do cole), "Encesta castaña(que gañou o noso Roi) e "Carreira de castañas". Podedes comprobar o ben que o pasamos nestas montaxes fotográficas.

martes, 28 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO-SAMAÍN(II) !(2023)

Imaxe de Nicole Dralle en Pixabay.com
Xa puidestes ver as fantásticas cabazas que trouxemos ao cole. Pois ao día seguinte fixemos unha super festa a onde viñemos caracterizados/as de monstros. Queredes velo? Abrindo ollos!!!

sábado, 25 de novembro de 2023

25N (2023)

Imaxe de Mafalda de Quino obtida na rede
Outro ano máis  estamos no 25 N e non parece que a cousa vaia a mellor. Penso que a base para intentar erradicar este problema social está na educación en valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia, o respecto...

luns, 20 de novembro de 2023

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (2023).

Imaxe de OpenClipart-Vectors en Pixabay.com
Hoxe, como todos os 20 de novembro, celebramos o Día Mundial da Infancia. 

sábado, 11 de novembro de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO- SAMAÍN !(2023)

Imaxe de Mayur Gadge en Pixabay.com
Aínda resoan os ecos da festa do Samaín que celebramos no cole. Este ano fíxemola canda o Magosto e foi moi divertida.

venres, 10 de novembro de 2023

XOGAMOS?(II).

Imaxe de Gordon Johnson en Pixabay.com
O outro día xogamos cos números. Que vos parece se hoxe nos dedicamos ás letras? Digo eu, que algún xogo divertido haberá.  Contádeme que vos parecen!

luns, 6 de novembro de 2023

LETRAS E NÚMEROS.

Imaxe de Alexa en Pixabay.com
No mes pasado compartinvos uns xogos matemáticos moi interesantes para traballar os números do 1 ao 10. Hoxe quería deixarvos os enlaces de onde obtiven as letras de repaso que levan os nenos/as na mochila.

xoves, 2 de novembro de 2023

EN NOVEMBRO...

Imaxe de Martina en Pixabay.com
Chegou o mes de novembro un pouco revolucionado. Aire, chuvia e cicloxéneses explosivas. Así , quen vai celebrar? Pois todos/as nós; que non se diga!