Recordades as nosas fabas da Paz? Si, ho! Aquelas que sementamos por xaneiro e que pensamos que non ían medrar máis? Pois foron saindo , non sen tempo e certas dificultades, e mandámolas para a casa.
Chegou o noso día!!! O dos galegos e galegas que amamos á nosa terra, a nosa lingua e a nosa cultura. Aqueles que sentimos orgullo do propio, acollemos o estranxeiro como riqueza e buscamos a dignidade do que outros pretenden erradicar.
Co mes de maio e as xestas chegan sempre as nosas Letras. Veñen cargadiñas de palabras, sentimentos e gañas de celebración. E para levala a cabo non veñen de máis uns recursiños que nos axuden coa tarefa.
Todxs temos unha mamá! De seguro que as vosas son as mellores, como a miña o é para min. Quero berralo, por se non o sabe, e pedirvos que o fagades vós tamén. Non esperedes nunca a que sexa demasiado tarde!