Hoxe estades de celebración, chicos/as!!!! É o voso día; o da Infancia. Unha conmemoración que pretende forxar un mellor futuro para vós e recoñer ás persoas e profesionais que traballan en favor vosa.
Xa estamos no tema dos seres vivos e para que o poidades repasar dunha maneira amena e divertida, déixovos estes fantásticos vídeos de Curro e Pancha en galego. Isto sí que é un luxo!
Hoxe, Día de San Martiño, celébrase o Día das Librarías. Tedes información sobre o tema na páxina de Cegal-Librerías de España. Premede na imaxe para acceder.
O 4 de novembro de 1922 Howard Carter descubriu o primeiro escalón de acceso á tumba do faraón Tutankhamón no Val dos Reis en Exipto. Na celebración do centeario do seu descubrimento coñezamos algo máis deste faraón neno.
Xa queda un pouco lonxe esta celebración pero non me parecía xusto que ficase no esquecemento. Sobre todo se temos en conta o gran esforzo realizado polos meus nenos/as á hora de elaborar os seus puntos.