domingo, 21 de xuño de 2020

ATA PRONTO!!!!

Imagen de Selling of my photos with StockAgencies is not permitted en Pixabay
Recén comenzado o verán e no Día Europeo da Música, despedímonos deste curso un tanto "raro". Foi difícil e duro, aínda que reportase algunhas satisfaccións. Con iso me vou quedar; con todas as alegrías que fun vivindo nestes meses: cos vídeos, as fotos e os traballos extra que chegaron ás miñas mans, cos comentarios amables e cariñosos,coas videochamadas en pixama, coas risas de verdade.
Foron tempos incertos que nos deixaron incertezas no tempo. Toca vivir, sin saber moi ben como pero mirando cara adiante; toca descansar, parece mentira pero foi agotador e toca agradecer.
GRAZAS A TODOS/AS OS QUE FIXESTES DESTA ETAPA UNHA ETAPA MELLOR!!!!

domingo, 14 de xuño de 2020

SOMOS PIRATAS (III).

Imagen de Richard Duijnstee en Pixabay
Ola, rapazada!!!
Xa sei que algún decidiu que o curso rematou pero aínda falta una semana. Tranquiiiilos/as, non vos preocupedes que non vai haber traballo pero seguro que vos apetece ver o resultado da interpretación pirata que fixo cada un de vós.
Non esquezades colgar os vídeos de despedida e visitar o noso padlet de aula.

xoves, 11 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL 2020.

Imaxe da librería OLACACIA.
Nesta época que traballamos arreo para rematar un curso moi diferente e que nos pediu esforzos titánicos a todos (familias, nenos/as e mestres/as), debemos pensar que noutras partes do planeta , outros están peor ca nós.

luns, 8 de xuño de 2020

SOMOS PIRATAS(II).

Imagen de JaymzArt en Pixabay
Que tal, meus piratas? Como vai a viaxe?
Estamos achegándonos ao final da travesía e imos alixeirar o ritmo. Aínda así, faremos algunhas actividades e aproveitaremos para poñernos ao día co atrasado en todas as asignaturas.
Imos aló!!!

sábado, 6 de xuño de 2020

DÍA DOS PACIENTES TRANSPLANTADAS 2020

Imaxe obtida na rede
O 6 de xuño celebramos o Día Mundial dos Pacientes Trasplantados. Unha data moi axeitada para celebrar porque significa que todas esas persoas que precisaron un órgano novo o recibiron dun doador xeneroso.

venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDO AMBIENTE 2020.

Imagen de My pictures are CC0. When doing composings: en Pixabay
O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o tema é a Biodivesidade (variedade dos seres vivos do planeta).Todos os seres vivos xogamos un papel fundamental no equilibrio natural pero os seres humanos, coa nosa actividade, alteramos dito equilibrio. Solo hai que ver o ocorrido durante a pandemia, cando estabamos confinados: os niveis de contaminación baixaron, os animais achegábanse ás costas  e as cidades, a vexetación medraba por todas partes...E agora que?

luns, 1 de xuño de 2020

SOMOS PIRATAS.


Imagen de OpenClipart-Vectors en Pixabay
Por fin comezamos xuño, rapaces/as!!!
Como estamos no último mes e está facendo moita calor; que vos parece se nos embarcamos cara a aventura nunha nova misión? Chegou o momento de sacar o pirata que levamos dentro e surcar os mares na procura dun tesouro.
Como queremos ser piratas instruídos/as, imos seguir preparándonos e facendo actividades nestas semanas.