venres, 29 de novembro de 2019

EDUCACIÓN RESPONSABLE.

Logo
Este curso comezamos no noso cole o Programa de Educación Responsable da Fundación Botín. Este programa ten como obxectivo "favorecer o crecemento físico, emocional, social e creativo do alumnado, promover a comunicación e favorecer a convivencia nos centro escolares implicando a docentes, alumnado e familias".
Para ter máis información, clica na imaxe.
O percorrido desta experiencia é, en principio, de tres anos. Nós estamos no primeiro, en cueiros, coma quen di. Todo o cole participa, existindo varios apartados interesantes: Bancos de Herramientas audiovisuales, Lectura y emociones, Lecturas, emociones y creatividad , El coro de las emociones y Reflejarte. Cada unha estas tarefas  realizaranse en diferentes momentos do curso e serán levadas a cabo polos distintos titores responsables delas.
Eu realizarei "Lecturas, emociones y creatividad" cos meus amores de 1º. A nosa  misión consiste en escoller un libro dos propostos pola Fundación e realizar unha serie de actividades antes, durante e despois da súa lectura. Foi unha labor ardua seleccionar un título e máis aínda atopar o conto en cuestión pero xa o temos.
Preparádevos para gozar con... Un bicho raro.
Permanecede atentos!!!

mércores, 27 de novembro de 2019

DÍA DOS MESTRES/AS.

Creación de Sandra Luz de Mi sala amarilla .
O 27 de novembro, en España, celébrase o Día dos Mestres. Aquí vos deixo esta preciosa montaxe da nosa amiga Sandra Luz e como felicitación este vídeo de Editorial Ebica.
Obtido no canal de Youtube de Editorial Ebica.
Gozade das entradas de anos anteriores, aquí.
FELIZ DÍA MESTRES/AS!!!

luns, 25 de novembro de 2019

BO TRATO SEMPRE.

Imaxe atopada na rede
Xa sabedes como debemos tratar aos demais, non? Xusto; como queremos que nos traten a nós! Neste día tan violeta (preciosa cor) intentemos facer ver que a violencia non nos leva a nada bo, nin exercela, nin padecela.
Con nenos/as  de idades temperás creo que é máis fácil enfocar o tema cara o bo trato que debemos dispensar a todo o mundo. Atopei unha guía para traballalo de María Elena Iglesias López e o CESIP.
A ver que vos parece!
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí. Atoparedes moitos recursos.
Compártovos este videoclip musical realizado por Manu Viqueira co alumnado e a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro. Excelente traballo; parabéns!!!
Obtido no canal de Youtube  de Apa Aturuxo
BO DÍA!!!

venres, 22 de novembro de 2019

MÚSICA 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
O día de Santa Icía celebramos  a música en todo o seu explendor. Para tal efecto quero deixarvos a un gran xenio do violín como é David Garrett. Este xoven músico, de orixe alemán, domina  este instrumento facendo versións tanto de música clásica como rock, aportándolle un xenuino toque persoal. Se queredes coñecer a súa biografía , clicade na imaxe.
Compártovos unha magnífica versión dunha das miñas cancións favoritas. Trátase de "November rain" de Guns and Roses. Que a gocedes!!!
Obtido no canal de Youtube de Rockme 821
Por suposto, tendes os enlaces de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

mércores, 20 de novembro de 2019

SESENTA ANOS.

Imaxe obtida en Pixabay.com
O 20 de novembro é unha data importante para a infancia, xa que se conmemora o Día Universal do Neno e da Nena. Neste 2019 cúmprense sesenta anos da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia. Esta época da vida debería ser feliz, con xogo e apredizaxe , protección e harmonía, sen outra preocupación que medrar sans e contentos. Pero non todo é tan fácil; lonxe, a infancia ten unhas problemáticas de malnutrición, explotación, analfabetización, matrimonio infantil..... e preto, os tiros van pola sobreestimulación, falta de límites e normas, sobreproteción...... Uns por moito e outros por pouco; coma sempre!!! O que está claro é que os nosos nenos e nenas son presente e futuro e de nós depende que se preparen para a vida e a saiban enfrontar da mellor das maneiras.
Na páxina diainternacionalde.com tendes información sobre esta conmemoración.
No blogue de Manu Velasco, Ayuda para Maestros, hai unha compilación moi interesante de recursos para traballar este día.
LOQUELEO de Santillana, invítavos a celebrar este acontecemento con información e lectura.
Na páxina de Asociación de Editores de Madrid tamén nos fan recomendacións atraentes.
Obtido no canal de Youtube de La Cerca-Grupo de comuncación
Se queres ler as entradas doutros anos, clica aquí.
FELIZ DÍA!!!

martes, 19 de novembro de 2019

CAIXÓN DESASTRE (III).

Montaxe realizada con PiZap
Hoxe tratamos no noso Caixón Desastre de arte, xa que fai 200 anos que se abriron as portas do Museo do Prado de Madrid. Comezou  a súa andaina con 311 obras de artistas españois pertencentes á Colección Real e hoxe en día, sobrepasa os 20.000 obxectos, entre pinturas, debuxos, escultura e pezas de artes decorativas. Como é de todos/as, disfrutémolo!!!
Obtido no canal de Youtube de Atalayar TV
Quédavos o enlace a unha entrada que fixen do Día Internacional dos Museos, na que aperece un enlace a este museo que está de aniversario. Para vela , clicade aquí.

luns, 18 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2019 (II).

A mañá xa empezou ben, porque... a ver quen se concentra desta guisa!
Quedei de contarvos como celebraramos o Samaín, non si? Pois ben, viñemos todos/as caracterizados ou pintados, traballamos un pouquiño e despois  fomos e de visita á clase da profe Vane. Que emoción visitar a antiga aula onde estivemos na nosa etapa de infantil!! E que dicir da profe Vane, contounos un conto, fíxonos un xogo e solo para  nós!
Tras esta preciosa experiencia tivemos o recreo e logo, os xogos. Antes de  soltarvos un rollo, mellor védelos!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García
Compártovos o excelente Genially que realizou a teacher María sobre a festa. Quedou xenial!!!
Foi un día estupendo. Pasámolo de meeeedoooo!!!!
Montaxes realizadas con Pizap

sábado, 16 de novembro de 2019

DÍA TOLERANCIA 2019.

Imaxe obtida en La comunidad para el desarrollo humano
Hoxe, 16 de novembro, é o Día  Internacional para a Tolerancia. Unha das súas definicións é a que aparece na imaxe superior : respecto, aceptación e aprezo pola riqueza infinita das culturas do noso mundo,das nosas formas de expresión e medios de ser humanos.
Xa sabedes que somos todos diferentes e que son esas diferenzas as que nos enriquecen e nos fan medrar. O mundo é moito máis rico e divertido grazas a que non somos todos iguais e iso danos a oportunidade de aprender e ensinar, ao fin, de compartir uns con outros.
Tedes información sobre esta data  na páxina das Nacións Unidas e tamén na de diainternacional.com.
No Rincón de la psicología aparece unha recopilación de 10 libros sobre diversidade e tolerancia para nenos/as. Botádelle un ollo!!
Clicade aquí para gozar das entradas de anos anteriores.
Para rematar, un precioso conto titulado "El dragón de Aguazul". Espero que vos guste e que aprendades algo del.
Obtido no canal de Youtube de Smile and Learn
FELIZ DÍA!!!

xoves, 14 de novembro de 2019

OOOOOLAAAAA!!!

Imaxe obtida en Pixabay.com
Fai quince días tivemos unha sorpresa na clase.  Na maceta do photos apareceu unha carta para os nenos e nenas de 1º. Foi vela e xa souben de quen era! Esa misteriosa mensaxe pedíalle aos peques que escribisen nun papel quen pesaban que era e que llo deixaran no mesmo lugar que atoparan o sobre. Cada un fixo as súas cábalas e escribiu o que lle pareceu. (Bueno, case todos.)
Sara, Marcos e Alicia acertaron de quen era a enigmática misiva : da fada Perella!!! Xa a botaba eu de menos, aínda que a min non me debe querer moi ben, que  sempre me está picando!
O mellor foi que , como premio por contestarlle, nos trouxo unhas lambetadas de Samaín.
Montaxes realizadas con Pizap
Fada Perella, volve cando queiras!!!

martes, 12 de novembro de 2019

CIENCIA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
No mes científico por excelencia, non podiamos deixar pasar a ocasión sen falar de Ciencia. Aquí, en Galicia, comezou a súa celebración o día 8 deste mes e o CSIC( Consello Superior de Investigacións Científicas) desenvolve unha serie de iniciativas para a súa divulgación. No Galicia 24 Horas poderedes atopar un artigo con algunhas delas.
En Madrid tamén hai unha ampla oferta de actividades. Mirádeo na seguinte páxina.
En Sapos y princesas hai unha compilación de 20 libros para que os nenos/as comecen a amar e interesarse pola ciencia e a tecnoloxía. Resultan moi apetecibles!
Non podo rematar esta entrada sen mencionar a recentemente falecida, Margarita Salas Falgueras, unha das figuras científicas imprescindibles da nosa ciencia. Se clicades na súa imaxe accederedes a súa biografía.
FELIZ MES!!!

domingo, 10 de novembro de 2019

PUNTIÑOS.

Imaxe atopada en WikiHow
Xa os botaba de menos! Vós, non? Chegaron á nosa clase os primeiros puntos da tempada con sorpresas incorporadas. Poderémolos conseguir cando rematemos o traballo e estea ben feito pero tamén debemos estar atentos porque poden vir extras  por outras accións positivas. Xa estamos moi avanzados na súa consecución. Ao conseguir 10, cambiarémolos por....un fantástico Tubophone de última xeneración!!! Permanecede atentos/as para ver estes marabillosos modelos!!!
Montaxe realizada con PiZap

venres, 8 de novembro de 2019

DÍA DAS LIBRARÍAS.

Cartel  obtido na páxina  diadelaslibrerias.es
Desde fai nove anos celébrase o 8 de novembro o Día das Librerías, que pretende  fomentar a lectura  e promover as librerías como centros da cultura.
Qué marabillosos lugares para perderse  e sempre atopar algo interesante! Nunca entrei nunha librería que non vise algo que quixese ler. Cal é o seu feitizo? Visitémolas a miúdo para estar informados, para saber as últimas novidades e para ter contacto humano cos nosos libreiros e libreiras, que tanto nos axudan a escoller ben.
Na páxina de diainternacional.com hai información sobre o tema e na Revista Babar tamén.
Aquí vos deixo unha selección de varias das librerías máis bonitas do mundo. A ver que vos parecen!
Obtido no canal de Youtube de Zona Literatura
Recomédovos dúas estupendas librerías galegas: unha pretiño, Librería Faro na Estrada e outra , un pouco máis lonxe, Librería Soños de Papel en Lugo. Pasádevos a descubrilas!!!
Para rematar, este vídeo de felicitación para este día de Azeta Libros y Papelerías.
Obtido no canal de Youtube de  Azeta Libros y Papelerías.
FELIZ DÍA!!!

martes, 5 de novembro de 2019

DÍA DOS COIDADORES 2019.

Imaxe obtida na páxina cuidadores.unir.net
Estamos acostumados a que, cada vez máis, existen días especiais de case todo. Sen querer cuestionar  ou comparar a importancia entre eles, si que creo que uns deben prevalecer sobre outros. Cales? Pois vouno deixar ao criterio de cada cal.
Para min un dos significativos é este que nos ocupa hoxe. A todos nos coidaron de peques, nos coidan cando estamos enfermos e poderemos precisar coidados ao chegar a anciáns. Por iso considero tan importante a figura do coidador/a, aqueles que se preocupan polos demais e se esquecen de si mesmos.
Para que teñamos sempre presente a súa importantísima función, sirva este vídeo de agradecemento .
Obtido no canal de Youtube de Lindor Ausonia
Déixovos tamén a entrada do ano pasado, aquí.
FELIZ DÍA!!!

luns, 4 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2019.

Imaxe atopada en Pixabay.com
A nosa celebración do Samaín comezou xa na semana anterior. O día 23, na" Hora de ler", visionamos o conto de OQO editora "Fiz, o coleccionista de medos". Alí, no salón de actos, fomos comezando un faladoiro sobre os medos en xeral, e sobre os nosos, en particular. Esta charla trasladouse a cada aula e aí foi onde decidimos encerrar o noso principal temor nun baúl, como fixo Fiz. Este foi o resultado.
Montaxes realizadas con Pizap
Xa na última semana do mes  foron chegando ao cole as supercabazas que os nenos/as realizaron xunto coas súas familias. Como todos os anos o nivel estivo ben alto. Xulgade vós mesmos!
Aquí vos deixo tamén a cabaza de Jesús, que lle quedou moi chula, pero non puidemos facerlle a foto con ela porque estivo pachucho.
Montaxes realizadas con Be Funky
Noutra entrada, a diversión do propio día.

venres, 1 de novembro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA CON...

Ilustración de Nono Granero Moya
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca por todo o alto. Visitounos Celtia Figueiras, escritora, titiriteira e narradora de historias. Ela non viña soa, acompañábaa  a simpática Rosi, que fixo a delicia de grandes e pequechos. O espectáculo titulábase "Cantamos?" e presentábanse unha serie de contos tradicionais pero cunha visión nova. Ata aparecía un foguete que levaba os tres porquiños a Marte.... con iso xa vos digo todo!
Ollade que ben o pasamos con Celtia e os seus amigos!
Montaxe realizada con Pizap.
Posteriormente fixemos unha ficha sobre a representación debuxando o que máis nos gustara. Velaquí o resultado.
 Premede na imaxe para ver.