Preparados/as para saír.
Tiñamos pendentes varias cousas de final de curso e, unha delas, era a saída que fixemos, xunto cos nenos/as de 1º, por Forcarei.
Tivemos que pospoñela por ameaza de choiva pero , por fin , chegou o día. Arrancamos nada máis chegar ao cole dirixíndonos á panadaría "A Conquista". Alí esperábannos os sorrintes Loli e Aurelio, o matrimonio de panadeiros que nos ían a ensinar o segredo para facer un bo pan.
Puxémos os nosos delantais e atendemos moi ben ás explicacións de Loli, que nos contou como se amasaba agora cunha máquina. Despois houbo e poñerse mans á obra e facer os nosos propios bolos de pan (Menos mal que nos tiñan a masa preparada que se non.... vai ti saber que sairía!). Unha vez metidos no forno, despedímonos ata un tempo despois.
Mentres os bolos quedaban no forno, marchamos cara a cima de Forcarei para visitar a Oficina de Correos. Alí, Mari Carmen, recibiunos moi amablemente para contarnos unha morea de cousas e contestarnos a todas as nosas preguntas. Despois botamos as cartas que escribiramos aos compis (por sorteo e en segredo) e, por último, recibimos uns agasallos de correos que nos entusiasmaron: caramelos, marcapáxinas e un libriño de pasatempos!
Tivemos que repor forzas e dirixímonos á praza da Igrexa para merendar alí. Unha vez que rematamos, fomos facer a compra. Cada grupo dirixiuse a un supermercado; os de 1º ao Claudio da familia Rivas e os de 2º ao Aliprox Eroski. Entre todos/as xa fixeramos a lista da compra na clase e mercamos os produtos para facer unha merendola no cole. Foi toda unha experiencia!! E houbo detalles para todos os nenos/as.
Voltamos á panadaría e alí xuntámonos para facer unhas deliciosas pizzas. Ao rematar de cocelas, levámonos os nosos bolos, uns "croissants" e as pizzas, que as baixou Aurelio ao cole para que non foramos cargadas.Que "majo"!
Montaxes realizadas con PiZap
Foi un día fantástico e pasámolo xenial!!! Moitísimas grazas pola súa amabilidade a Loli e Aurelio, a Mari Carmen, ao persoal do Claudio- Carnicería Rivas e do Aliprox Eroski.