Alguén se lembra dos nosos famosos puntos? Xa tivemos dúas remesas coas súas correspondentes recompensas. Podedes recordalo aquí. Como podedes comprobar, todos/as os superaron. Por iso houbo que crear novos retos. Co terceiro, conseguíase o carné da clase e co cuarto, decidir a que se quere xogar cando se remata o traballo (sen sacar unha tarxeta do bote "Traballo rematado, agora que fago?").
A foto xa non é moi actual (hai nenos/as no cuarto reto) pero vale para facerse unha idea.
Para realizar os carnés, primeiro tivemos que buscarlle un nome á clase. Fixémolo por votación e gañou : Os currantes de 2º.
Montaxe realizada con PiZap.
A ver que pasa ata o final do curso.