Nesta noite de Samaín moito coidado aos que teñen pensado visitar as casas dos veciños para conseguir caramelos, a ver se vos ides atopar algún destes monstros.
Como todos os anos, por estas datas, chega a nosa recopilación de recursos para o Samaín. Trae algunhas cousiñas interesantes. A ver que vos parecen!!!
-Comezamos con música, cunha fantástica selección de cancións para Samaín e Magosto realizada por Ana Sánchez S. Todas son en galego; encántame o material na nosa lingua!
- Un pouco de lectura tamén nos ven xenial. Mirade todos estes contos que aparecen na páxina Club Peques Lectores. Hai en que escoller!
Continuamos coas lecturas que os nenos/as fixeron durante o verán e tócalle a Oliva. Aínda que algún libro está en proceso de lectura deunos para contalo. Esta vez a protagonista é Tea Stilton e unha estupenda viaxe a Londres, A ver que vos parece!
Ainoa optou por un clásico de Disney, "El libro de la selva", que lle gustou moito. Mirade que claro o tiña!!
Luis quixo traernos tamén unha aventura da familia Stilton, "¡Un superratónico día... de campeonato!"Como a Luis lle apaixona o fútbol, entre outras cousas, este foi un libro ideal. Ollade como nolo conta!!
O mes de outubro é o mes por excelencia da biblioteca, xa que é un tempo dedicado a ela e no calendario parece un día para a súa celebración, o 24. Obteredes máis información na páxina da Bibliotecas Escolares de Galicia, se premedes na imaxe do comezo.
Como cada ano, hai un escritor/a e un ilustrador/a de recoñecido prestixio que deben realizar o cartel e o pregón para todas as bibliotecas do noso país. Nesta ocasión , os escollidos foron: Gonzalo Moure Trénor (escritor español dedicado á literatura xuvenil) e Alfonso Zapico(historietista e ilustrador).
Cartel deste ano do Día da Biblioteca. Autor. Alfonso Zapico.
Na revista Babar ofrécennos o pregón de Gonzalo Moure.
Para rematar, déixovos este vídeo que atopei na páxina do Condado de Salt Lake(Utah), para promocionar un reto de lectura de verán, a través da figura de Freddie Mercury e a súa banda Queen.
Obtido no canal de Youtube de thecountylibrary.
Hoxe tamén celebramos o aniversario da creación das Nacións Unidas. Premede na imaxe para informarvos.
Non esquezades visitar entradas doutros anos,aquí.
Obtido no canal de Youtube de Klandestinos Producciones.
O 22 de outubro é o Día Internacional para a Concienciación da Tartamudez. Comezamos a entrada hoxe, facendo un guiño ao noso amigo Porky ( que non é moito desta xeración, pero bueno), xa que el tiña unha maneira peculiar de falar. Nunca foi un problema para que nos gustase e alcanzase o éxito dentro dos debuxos animados. Pois isto é o que se pretende coa celebración deste día, NORMALIZAR.
Na páxina Guía Infantil, atopei un artigo moi interesante sobre o tema.
Podedes recordar a entrada do ano pasado, premendo aquí.
E para que vexades os debuxos que vían os vosos papás cando eran pequenos un capítulo de Porky onde é o propieterio dun café. Que vos aproveite!
Volvemos con forza a nosa "Hora de Ler", presente como no curso anterior, depois do recreo. Este ano inaugurámola co libro "Animales" que nos trouxo Diego. Creo que o que máis lles gustou foi que trae unhas estupendas plantillas, que todos tiveron que probar.
Montaxes realizadas con PiZap.
Despois propúxenlles o seguinte: cada un tiña que contarlle aos compañeiros/as un dos libros que lera no verán. Comencei eu con "A lección de August", da escritora R. J. Palacio, para que tivesen unha idea. Fixemos un pequeno guión e cada un preparouno na súa casa.
O primeiro en comentar foi Héctor. Falounos do libro "El tren", unha das súas paixóns. Mirade o que nos dixo!
Obtido no canal de Youtube de Anabel García.
En sucesivas entradas iremos vendo outras lecturas do verán.
Si, xa sei que hoxe é 17 e o Día Mundial da Alimentación foi onte pero.... acaso non comemos todos os días?
O luns , 15 de outubro, tamén se conmemorou o Día Mundial do Lavado de Mans. Un xesto tan simple como utilizar xabón e auga para lavar as mans , pode ser a clave que salve moitas vidas. Na páxina deUNICEFtedes información sobre o tema.
Un cartel explicativo sempre axuda.
Cartel atopado na rede.
Atopei esta canción que fala de como lavar ben as nosas mans. É de personaxes de Barrio Sésamo; que tempos aqueles!!!
Obtido no canal de Youtube Sésamo.
En canto a alimentación, que dicirvos? Estamos falando sempre de comer sano e equilibrado e iso é algo que afortunadamente vós podedes facer. Pero este día, celebrado a nivel mundial, pretende poñer en valor o obxectivo da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) para o 2030, que é erradicar a fame no mundo. Eu creo no poder das pequenas accións para cambiar as cousas. Dentro das nosas posibilidades podemos comezar por non desperdiciar a comida.
Celebramos , neste comezo de semana, a terceira edición do Día das Escritoras. A data escollida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús (o 15 de outubro). Hoxe, casualmente, coincide. Xa vos expliquei noutra entrada de onde parte a iniciativa e que persegue. Para recordalo, premede aquí. Nesta ocasión seleccionáronse textos de máis de vinte escritoras, entre as que se atopan dúas galegas relevantes: Rosalía de Castro e Filomena Dato Muruais.
Déixovos información sobre o tema e os actos que se celebran na páxina da Biblioteca Nacional de España.
Podedes visitar o blogue da nosa amiga, Marisa Alonso Santamaría, magnífica escritora que conta cun extenso repertorio poético (do cal xa coñecedes algo).
E para rematar, unha cita da escritora británica, Virginia Woolf, que todos/as podemos aplicar ás nosas vidas.
Co final do verán chega o outono: coas súas cores alaranxadas, cos seus froitos e festas e cunha melancolía especial, que o abrangue todo. Para festexar a súa chegada(xa fai tres semanas) compártovos algúns recursos.
Na páxina de Yessica, Rejuega y disfruta jugando!, aparecen 25 xogos e actividades outonais estupendas para compartir en familia.
Maite Gan, en Lluvia de ideas, ofrécenos varias recopilacións de fantásticos recursos.
Na páxina, Hacer familia, hai unha lista de cancións sobre esta estación.
Tamén vos deixo unha cantiga na nosa lingua, "O outono" de Uxía Lambona e a banda Lambona. Tamén nos vale para o magosto.
Obtido no canal de Youtube de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Coma sempre, queda o enlace aos recursos de anos anteriores. Hai cousas que nunca pasan de moda!!!
O pasado 15 de setembro celebrouse a nivel mundial o Día Internacional do Punto. Nós tamén quixemos contribuir á festa botando man da nosa creatividade. Este curso, despois de ver o conto en vídeo de Peter H. Reynolds, "O punto", dinlles un folio cun marco que poñía "¿Qué puedo hacer con un punto?"(Xa sabedes que traballamos en dous idiomas)
Tiñan que crear a "súa marca",como Vashti, e a partir dela ver que saía. Ollade os estupendos resultados!
Como non podía ser doutro xeito, empezamos o curso contando as nosas vacacións: a onde fomos, que fixemos, que lemos..... Estas son as crónicas que resumen un marabilloso verán.
Hoxe celebramos o Día Mundial dos Docentes, unha data para falar de mestres, profesores e todo tipo de ensinantes. Temos nas nosas mans o futuro do mundo. Aínda que pode soar pretencioso non é tanto.Pasamos moitas horas cos nenos/as e temos unha gran responsabilidade. Non hai que esquecer que a familia educa, as amizades acompañan e a sociedade arrastra. Todos temos una función para conseguir un mundo mellor!
Se queredes saber o motivo da celebración o 5 de outubro, en OK diario, hai un artigo que volo explica.
Atopei este vídeo e agradecemento e quero facelo extensivo aos mestres que me ensinaron a amar esta profesión e a todo/as os/as compañeiros/as dos que aprendo cada día.
Onte, 1 de outubro,celebrouse a nivel mundial o Día Internacional das Persoas con Idade. En España temos unha data especial adicada a eles, o 26 de xullo, pero como nese mes estamos de desconexión, aproveitamos agora para facerlle a homenaxe que se merecen.
Moitos tendes avós, que vos queren e vos coidan, vos contan historias, vos ensinan cousas e se quedan con vós cando os papás traballan. Que sorte tan grande!!! Antes de que teñades que botalos de menos gozade deles.
Aquí queda unha avoa moi especial que sei que vos gusta un montón: "Miña abuela Manuela" de Migallas.