Imaxe atopada na rede.
Como ven sendo habitual no mes de marzo, celebramos a semana da prensa e traballamos, nestes días pasados, o xornal. Este ano fixemos varias cousiñas:
- Aproveitando que o Diario de Pontevedra chegou todos os días ás nosas aulas e realizou monográficos sobre o tema, estudamos tres estilos periodísticos: informativo, entrevista e reportaxe.Como tamén vimos as súas partes despois xogamos a diferencialas sobre o papel.
Montaxe realizada por Pizap.
- Recordades a entrada Mundos alternativos? Alí había unhas preguntiñas para conseguir 5 fantásticos puntos e que conlevaban facer unha investigación on line. Era voluntario e, para todos os que o fixeron, creei unha ficha para volcar os datos. A ficha é propia pero guieime por unha idea que aparece en A fiestra da maestra, de Patricia Sánchez Lamas.
Na mesma entrada falaba dunha segunda parte. No próximo post, toda a información.