Deixovos unha recomendación de 10 libros infantís sobre o respecto , a empatía e a tolerancia; accións clave para conseguir a Paz. Atopeina na páxina de Sapos y Princesas.
Voltamos cos repasos a través dos xogos. Despois non digades que non se pode aprender xogando.
Lingua castelá.
-Con Bromera ediciones poñemos a proba a nosa ortografía g/j.
- Xogaremos agora cos adxectivos da man da Junta de Castilla y León.
Matemáticas.
- Este xogo é moi completo, xa que podemos traballar diferentes números segundo as súas cifras e tamén diversas operacións. Aparece na páxinaceiploreto.es
-Para rematar, que vos parecen uns problemiñas?Na páxina de SM ofrécennos estes.
Estase achegando a data na que nos coles celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Aínda que todos os día traballemos nesta liña de actuación unha data de festexo tampouco está mal.Por iso vos deixo unha compilación de recursos sobre o tema que espero vos sexan de utilidade.
Premede na imaxe para acceder.
O mércores pasado visitou o noso cole o sarxento da Garda Civil, Luis López Dapena do posto da Estrada. Veu a falarnos sobre o acoso escolar. Explicounos que ten que ver con este fenómeno a violencia exercida sobre o máis débil de maneira repetida e sen causa aparente, pero tamén outras moitas condutas como: os insultos, os motes, rirse dalguén, non xogar con el, non falarlle, deixalo so,inventarse cousas falsas sobre el.....
O máis importante ante estas situacións é non consentilas. Se che pasan a ti, debes dicirllo a un adulto e se coñeces a alguén que lle pase, tamén debes comunicalo.
Para a súa explicación usou dou vídeos moi interesantes.
Obtido no canal de Youtube de Save the Children España.
Obtido no canal de Youtube de Gabriel Carrasco.
No blogue da nosa amiga Ana Martínez, Aula Tic, atopei este cómic e unhas actividades para traballalo. Pareceume ben interesante.
Xa fai varias semanas que comezou o inverno pero aínda estamos a tempo de colgar recursos para traballalo.
Quedarán á vosa disposición na pestana da dereita do blogue "Recursos catro estacións" ou se buscades na etiqueta "Recursos inverno".
Nesta ocasión vouvos recomendar a páxina Puzzlesonline.es, que nos ofrece moitísimos crebacabezas. Se premedes na imaxe levaravos aos de inverno.
No blogue,Recursos para docentes, de Yolanda hai unha webmix sobre o inverno espectacular. Botádelle un ollo que merece a pena!!!
Tamén esta canción de CantaJuego que se titula "Invierno".
Obtido no canal de Youtube de CantaJuego.
E para rematar, unhas risas garantidas polo pato Donald e os seus colegas Chip e Chop. Estes simpáticos esquíos están almacenando landras para pasar o inverno pero....conseguirán o seu obxectivo? Descubrídeo vós mesmos!!!
Coa chegada do ano novo, volve con forza o noso Caixón Desastre para propoñernos maneiras de facer unha composición plástica unindo imaxes. Xa sei que podedes pensar; a que ven isto? Pero todo ten unha explicación.Ten que ver coa Mochila Viaxeira que este ano saiu en 2º e co que nela se pide. Nada máis e nada menos que facer un collage en familia. (A palabra collage non existe en galego, utilízoa porque non coñezo o equivalente e necesito que o entendades. A partir de agora falaremos de composición).
Definamos o que se pide. Según o dicionario da RAE(Real Academia Española) é unha técnica pictorica que consiste en compoñer unha obra plástica unindo imaxes, fragmentos, obxectos e materiais de procedencias diversas.
Unha vez definida a palabra, deixovos un vídeo explicativo de técnica.
Obtido no canal de Youtube Educa Thyssen.
A nosa amiga Mirian Cartagena, no seu blogue Puertas a la imaginación, ofrécenos varios post sobre o tema. Podedes botarlle un ollo.
Tamén atopei unha serie de imaxes que vos poden orientar no blogue La lapicera de Sandra.
BO PROXECTO, FAMILIAS!!!
(Deixovos no lateral dereito unha imaxe para que poidades acceder directamente e este apartado. Así cando vos chegue o maletín atoparédelo sen problema).
Como ven sendo habitual, realizamos unhas crónicas de como nos foron as vacacións de Nadal. Cada un utilizou a lingua que quixo, por iso unhas están en galego e outras en castelán. Que sorte poder escoller!!!
Unha das actividades que máis nos gustou o trimestre pasado foi a descrición dun compañeiro/a. A idea trouxoa á aula a profe Sonia de PT, que nos ven a axudar de cando en vez. Sempre ten moi boas propostas, xa que despois de facer as descricións sen o nome , xogamos a adiviñar quen era quen.
O material é de Julia Azagra e aparece recollido na páxina do Goberno de Aragón. Premede na imaxe para acceder a el.
Deixovos as descricións para que vexades que ben as fixeron.
Na entrada anterior recordamos actividades que nos gustaron do trimestre anterior . Agora tócalle o turno a recitados que gravamos na aula.
Compartovos dous vídeos feitos "made in na casa" (que xa sabedes que os fago con moito cariño e unha torpeza enorme). O primeiro é "O esqueleto".
(Migallas ten unha canción super chula pero non a atopo)
O segundo, contén un poema que traballamos no Samaín;"Truco o trato" da nosa amiga Marisa Alonso Santamaría. Se queredes visitar o seu estupendo blogue "Poesía Infantil", clicade aquí. Mirade que ben o fixeron estes recitadores voluntarios.
Vou aproveitar esta entrada para dar as grazas a todos aqueles e aquelas que neste Nadal me quixestes felicitar as Festas a min e aos meus. Sempre é un gusto recibir agasallos, pero para min, un dos máis importantes, é o tempo que dedicastes para escribirme unha postal. Moitas gazas a todos/as!!!
Feitos os agradecementos, xa sabedes que durante o primeiro trimestre fixemos moitas cousas interesantes, pero queremos recordar as máis divertidas.
(Como me gustaría que nos textos para realizar presentacións aparecesen os acentos e a letra ñ, porque ás veces é un rollo).
Espero que esta noite chegaran os Reis cargadiños de agasallos para todos os nenos/as e o maiores tamén.Que viñeran repartidos, eso sí, que xa falamos que non precisamos tantas cousas materiais. Se cadra podemos compartir un pouco de tempo, un anaco de atención,un sorriso, unha aperta profunda e recompoñedora, biquiños a discreción e agarimosos aloumiños que sempre veñen ben.
Para celebrar este día con vós, deixovos esta curta, que nos ven ao pelo. Titúlase "The gift" (O regalo) e está producida por Marza animacion. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Yuotube de CGMeetup.
Tamén podedes rescatar vídeos e cancións de anos anteriores clicando aquí.
Rematamos cun pouco de humor do grande , Andrés Faro.
Xa ven sendo case unha tradición que, cando comeza o ano, compartamos con todos vós o calendario da CEAPA(Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado).Nel, convídase ás familias a promover as competencias clave dos seus fillos e fillas. Estas competencias son as mesmas que traballamos no cole, polo que pode servir de reforzo e para compartir tempo xuntos. Accedede á páxina da CEAPA e descargade o calendario premendo na foto.
Como todos os anos , no cole celebramos o festival de Nadal. Este curso, o profe Toño, propúxonos levar a cabo unha obriña moi simpática e non dubidamos en tirarnos de cabeza. Tanto foi así que ata tivemos que pedir axuda á clase de 1º para conseguir dous estupendos actores , Iker e Ainoa.
Deixovos unhas instantáneas da actuación.
Montaxe realizada con BeFunky.
O noso agradecemento a todos/as os que fixeron posible que esta obra saíse adiante: profes, familias e achegados, que se preocuparon de moitos pequenos detalles para que lucise o traballo dos nenos/as.
Agora ofrézovos o vídeo da actuación. Comprendo que é de moi mala calidade (case non se oe) pero iso non é culpa do que gravou senon do ruído da sala. De todas maneiras,para os que non asisitistes é unha maneira de "intuir" o que fixeron os vosos fillos/as. Pido desculpas de antemán.