Imaxe atopada en Teresa, de la rueca a la pluma.
Hoxe, 17 de outubro, celébrase por vez primeira o Día das Escritoras, iniciativa que parte da Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas,Profesionales y Empresarias(FEDEPE), da Biblioteca Nacional e da Asociación Clásicas y Modernas para la igualdad de género en la cultura. Esta idea nace coa intención de celebrarse anualmente para reivindicar a labor e o legado das escritoras, que tantas veces se viu relegado a un segundo plano.
O día da celebración é o primeiro luns seguinte á festividade de Teresa de Xesús (15 de outubro).
Para esta primeira edición seleccionáronse textos de trinta escritoras nacionais, onde aparecen tres galegas ilustres: Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Para conmemorar este día deixovos unha poesía doutra escritora que se dedicou a facer as delicias dos nenos /as e dos grandes tamén, Gloria Fuertes.
Imaxe atopada na rede.
E como temos unha amiga escritora, que menos que felicitarlle o día cunha das súas poesías.
Montaxe realizada con Pizap.
FELIZ DÍA A TODAS. TODOS OS DÍAS SON VOSOS!!!!