martes, 27 de setembro de 2016

NAS MIÑAS VACACIÓNS...

Imaxe atopada en Pixabay

Parece  que xa pasou unha eternidade dende que estivemos de vacacións e que quedan moi lonxe todas esas experiencias marabillosas que vivimos durante ese tempo.Para achegalas un pouquiño, deixovos as crónicas que escribiron os nenos/as de 2º sobre o seu tempo de lecer.
A ficha está sacada dun diario moi sinxeliño de vacacións que lles mandei, obra de Star Creando by Star Leyva.
Clicade sobre a imaxe para acceder ao caderno.

sábado, 24 de setembro de 2016

RECURSOS OUTONO 2016.

Imaxe atopada en Pixabay.

O xoves pasado cambiamos de estación e todo se mostra diferente.O tempo arrefría e as follas tórnanse amarelas, vermellas, marróns... Minguan os días e fanse curtos ,mentras  a escuridade medra a traición en silencio  quítandolle protagonismo aos raios do sol. Lonxe queda o estío co seu balbordo e a súa brillante luz, con eternos atardeceres que invitan a vivir e a soñar,con bágoas de estrelas que inundan ceos de verán. Non cabe dúbida ; chegou o outono.
Teremos que botar man dun paraugas multicolor que encha os días de ledicia,pintar con ilusión os momentos que nos esperan e deixar entrar a nova luz que nos presidirá durante un tempo.
BENVIDO OUTONO!!!
Clicade na imaxe superior para acceder a compilación de recusos que realicei este ano e gozade desta poesía de Federico García Lorca sobre o tema.
Montaxe atopada en Loqueleo.

mércores, 21 de setembro de 2016

O LADRÓN DA MEMORIA.

Imaxe realizada con Pizap.

Hoxe, 21 de setembro, celebramos o Día Mundial do Alzheimer , data establecida pola Organización Mundial da Saúde (OMS).Este é un dos días máis importantes do ano para as Asociacións de Familiares con Enfermos deste tipo e outras Demencias; xa que nel, se da a coñecer a enfermidade, se difunde información e se pide axuda e solidariedade co tema.
Para saber en que consiste a enfermidade deixovos este pantallazo da páxina alz.org.
E tamén esta interesante infografía.
Imaxe atopada na rede.
Este ano, por fin, o lema no ámbito nacional é "O valor do coidador".Os enfermos son os totais protagonistas desta dura enfermidade pero...que pasa con quenes os coidan?Eles son os grandes esquecidos. Por fin se lles da visibilidade,grazas a esta campaña "Con C e Coidador"
Obtido no canal de Youtube CEAFA Alzheimer.
Para que vos fagades unha idea do que pode significar ter esta enfermidade , aquí está o conto"Mi abuela tiene alz qué?" de Véronique Van den Abeele e ilustrado por Claude K.Dubois.
Non hai que asustarse; con amor, as penas son menos.
Obtido no canal de Youtube de Alberto Reyes Toral.

luns, 19 de setembro de 2016

CONTANDO CONTOS.

Antes de comezar de cheo coas actividades de 2º, gustaríame compartirvos os contos que fixestes o ano pasado a finais de curso. Quedaron ben chusquiños; por iso merecen ser vistos e lidos.


xoves, 15 de setembro de 2016

O PRIMEIRO DÍA.


Este curso, non so nos cambiamos de aula como cada ano académico, senón que cando chegamos ao cole había unha agradable sorpresa que agardaba por nós. Realizaronse reformas importantes en todo o recinto pero, na nosa aula en concreto, atopamos o chan de madeira e o teito noviño. Quedou unha clase moi acolledora!!!!
Se non o credes, ollade  atentamente.

Para comezar ben o curso fixemos un xogo de pistas para averiguar onde nos tiñamos que sentar. 
Apareceu unha caixiña que nos propuña  investigar onde sentarnos a través dunhas adiviñas. Cada unha tiña un número que se asociaba cun asento.
Resultou moi divertido traballar en equipo e resolver os enigmas xuntos.
Se queredes xogar , deixovos as pistas pero tendes que coñecer moi ben aos nenos/as de 2º. Atrevédesvos?
Como podedes observar falta un oco para un asento. Decidimos que podía ser para a profe, pero....eu tamén quero a miña pista!!!
Dito e feito. Isto é o que discurrimos entre todos.
Montaxes realizadas con PiZap.

luns, 12 de setembro de 2016

COMEZAMOS!!!

Imaxe atopada na rede.

Ola de novo, chicos e chicas!!! Estamos de volta e comezamos un novo curso,segundo.
Douvos a benvida con humor e con gañas de facer moitas cousas xuntos.
Antes de empezar algo so se poden ter espectativas, desexos e ilusións e eu, para esta nova andaina, teño as mellores. Espero grandes e útiles  aprendizaxes, desexo interesantes ideas e certa paz e, a miña ilusión sería que, neste proceso conxunto todos/as fósemos felices.
Para que vexades do que falo deixareivos esta curta, titulada "A felicidade",para que reflexionedes sobre o que vos fai felices a vós.
Obtido no canal de Youtube dibujos animados.
Chiste de Andrés Faro.
Non esquezades encher a mochila. Que ises meter?
Imaxe atopada na rede.

BENVIDOS/AS A SEGUNDO!!!!
COMEZAMOS!!!!

venres, 9 de setembro de 2016

O VERÁN AGASALLA.

Imaxe atopada en Pixabay.

Aínda non rematou o verán pero co comezo das clases parece que pasamos a outra dimensión diferente. Durante as vacacións escribinlles unhas cartas aos meus alumnos/as para interesarme polo seu tempo de descanso e tiven como recompensa un agradable agasallo: as súas respostas!!!
Preciosas misivas cheas de debuxos, pegatinas e historias que a continuación vos mostro.



GRACIÑAS POR TODO, CHICOS/AS!!!!!

martes, 6 de setembro de 2016

PASAPALABRA CERVANTINO.

Caricatura de Cervantes atopada na rede.

Non nos esquecemos da participación que este curso pasado fixemos no proxecto do Libro Virtual "Cervantes y las TIC".  Nesta ocasión a actividade é para nenos e nenas  algo maiores que os de primeiro e segundo. Trátase dun Pasapalabra baseado na vida e obra do autor, consultada no libro" Me llamo... Miguel de Cervantes"
A ver que vos parece!!!

xoves, 1 de setembro de 2016

NOVO CURSO.

Imaxe creada en PiZap.

Pois si, xa estamos de volta. Enganaríavos se vos dixera que non se me pasou o verán  nun abrir e pechar de ollos, pero como  o resto curso se me pasa igual, debe ser un defecto meu!!!
Con ánimos renovados e ideas frescas nos petos temos por diante outro curso, que espero sexa, marabilloso.

COMEZAMOS A ANDAINA DO CURSO 2016-2017!!!