Xa vos contamos que fixeramos unha saída xenial cos peques da garderíae que lles representaramos o conto "¡Fuera de aquí,; horrible monstruo verde!". Pois ben, mestres ensaiamos tamén gravamos as voces, fixemos unhas fotos, divertímonos..... Este foi o resultado!!!
Montaxe realixzada con Be Funky.
Grazas á profe Vane que nos maquetou o vídeo e nos axudou na súa realización!!!
Como xa dixemos noutra entrada ,utilizaremos a orde que seguimos co Reino Unido, polo tanto intentaremos contarvos o novo que fixemos ao respecto.
Despois de crear o rincón de Exipto e situalo no mapa trouxemos información da casa sobre os monumentos e decidimos facer unha pequena maqueta do río Nilo para colocar ditos monumentos.
Esta serviunos para a exposición do tema. Mirade como a fixemos.
Tamén nos trouxeron unhas estupendas maquetas dalgún dos nosos monumentos que montaron os nenos e nensa de 6º.
Outra actividade que fixemos diferente foi a nosa propia pirámide. Prestáronnos o modelo os nenos de Infantil e mirade que chulas nos quedaron. Con tesouro incluído!!!
Para rematar esta sección da "Hora de ler" veremos dúas actividades que fixemos:
-Co gallo do cuarto centenario do falecemento de Miguel de Cervantes, Candela, quixo traer á clase o libriño que fixeran o ano pasado coa profe Cruz e recordalo entre todos. Mirade que xeitoso lles quedou!!!
Montaxe realizada con PiZap.
- Traballamos o libro "El perro que buscaba estrellas"escrito por Ricardo Gómez e ilustrado por Tesa González da Editorial Edelvives. O libro, que nos gustou moito, lémolo entre todos/as e tamén fixemos unhas fichas.
Se premedes sobre a imaxe accederedes ao pdf das fichas que a editorial propón.
A profe realizou un caderno de seguimento, baseado no da editorial, pero cun toque persoal. Aquí o deixo por se a alguén lle pode interesar.
Hoxe chegoulle o turno a Alba. Ela , ao principio, escollera algo relacionado coas letras, pero como esa xa foi a entrada de Candela decidiu cambiar o tema por...animais!!! Miña nai; menudo tema tan amplo!!!
Comezamos pois con uns vídeos documentais de Disney. Falarannos de leóns, tigres, elefantes, crocodilos,canguros,delfíns e monos.
Atopado no canal de Youtube de Victoria Sainz.
Agora Pepa Pig preséntanos animais nocturnos.
Atopado no canal de Youtube de ilona.
Continuamos con unha boa manchea de cancións dos animais da granxa.
Atopado no canal de Youtube El Reino Infantil
Xoguemos cuns crebacabezas de Hellokids.
http://es.hellokids.com/
E por último,a colorear!!!
http://www.dibujoscolorearonline.com/
No blogue da nosa amiga Blanca B, Actividades para la Educación Infantil, atoparedes 300 fichas para descargar e colorear animais. Grazas, Blanca!!!
Quedaramos pendentes de ensinarvos o resultado do que plantaramos nas nosas botellas recicladas. Pois ben, mirade o que saiu do experimento.
Acertástes!!! É céspede!!!Pero non medrou así de espaciado. Mirade, mirade como evolucionou.
Entre a foto onde están todos os peludos e as tres de abaixo pasaron 15 días.Como se lle puxeron as melenas!!! Pero non hai problema, unha sesión de perruquería vexetal e listo.
Chegou o día de abrir a Cápsula do Tempo. Aquela caixa que enterramos polo ano 2012 e contiña unha morea de recordos e sentimentos infantís. Aquel mausoleo dourado que tantas cartas albergou para a Fada Perella e tantas alegrías nos proporcionou, sobre todo no Nadal,tiña que ser invadido para poder lograr o obxectivo.
Xuntámonos na aula de 1º todos aqueles que pertencemos a esa historia e aínda estamos no cole, e procedemos á extracción.
Montaxe realizada con BeFunky.
Vaia sorpresa que nos levamos!!!! O noso xoguetón pothos decidira colar as súas raíces na cápsula e facer estragos. Si, amigos, que lástima!!!Pero lonxe de deixarnos abater polo infortunio decidimos buscarlle unha solución a tamaña continxencia. Xuntos optamos por reducir a cinzas os recordos daquel curso e enterralas nunha nova posibilidade.
Que orgullosa me sinto destes meus nenos/as que xa son os mozos doutros!!!
Que o catártico lume que arde nesta aixada purifique a memoria e os recordos!!!
Paréceme esta unha entrada axeitada para que cumprades co prometido fai anos e tamén os nenos/as de 5º están invitados a contar o que queiran.
Na semana pasada, despois dalgún que outro aprazamento, fixemos unha saída sorpresa ao parque.Ata o mesmo día os nenos e nenas non souberon nada, pero ademais, foi unha saída conxunta cos neno/as da gardería. Recolléronnos no cole e fomos camiñando ata o lugar (que é pretiño).Unha vez alí, representamos para todos "¡Fuera de aquí; horrible monstruo verde!",compartimos unha merendola e xogamos un montón.
Pasámolo xenial!!!
Montaxe realizada con BeFunky.
Moitas grazas a Belén por acceder a nosa petición de saída e a Lupe, Sonia e Andrea que viñeron coa nenos/as , ademáis das familias.
Como xa vimos na entrada anterior, creamos o noso rincón de Exipto e vimos cales son os nosos intereses con respecto a este país. O tema que nos propuxo Biblo é o dos monumentos pero, falaremos un pouco de todo.
Como a dinámica, en principio, vai ser similar a do país anterior , intentaremos centrarnos nalgunha cousiña novedosa que poida xurdir.
De momento situamos Reino Unido(saída) e Exipto (chegada) no mapa.
Montaxes realizadas con PiZap.
Utilizamos diversos mapas atopados en Internet na Pizarra Dixital pero un dos que máis nos gustou foi o da páxina http://www.ibge.gov.br/paisesat/, xa que ademais de situarnos na zona tamén ten datos interesantes e fotos relacionadas.
Leo propúxonos para a súa entrada un tema moi popular: o fútbol. Como non nos gustan as polémicas non imos entrar en preferencias de equipos, simplemente falaremos do deporte e das súas características.
Comezaremos presentando algúns deportes con Doki.
Obtido no canal de Youtube ribago.
Agora un divertido capítulo dos GLUMPERS.
Obtido no canal de Youtube dos Glumpers.
Imos a xogar un pouco. Aquí tendes uns animais que saben moito do tema.
Este xogo é máis complicado. Primeiro hai que colocar unhas pezas e despois meter gol. Quen se atreve?
Despois de tanto xogar teremos que limpar os tenis, non? Pois , adiante!!!
Tal día coma hoxe , no ano 2002, a Organización Internacional do Traballo (OIT) estableceu o Día Mundial contra o Traballo Infantil. Preténdese con esta data concienciar á poboación mundial dun dos máis graves problemas que sofren millóns de nenos/as cada día.
Neste vídeo da Fundación Telefónica vese claramente o que ocorre no mundo e como debería cambiar"Máis nenos estudando, menos nenos traballando".
Obtido no canal de Youtube Fundación Telefónica.
Pero que non se equivoque ninguén; que os nenos e nenas non teñan que estar desempeñando funcións de adultos non significa que non teñan responsabilidades e que non teñan o seu traballo. Teñen o deber de estudar e esforzarse na escola, de xogar e gozar da vida e de aprender para ter un futuro mellor.
PARA QUE SE CUMPRAN OS SEUS SOÑOS; NON AO TRABALLO INFANTIL!!!!
Aínda que todos os días nos preocupemos de coidar o medio natural que nos rodea, o día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente para sensibilizar ao mundo da importancia deste tema.Debe ser que non temos moi claro o que hai que facer porque a cousa non vai de todo ben. Para tratar de mellorar no posible aí vos van uns conselliños para poñer en práctica canto antes.
Atopado no canal de Youtube aula2punto0
Agora un pouco de material para desenvolver sobre o tema.